I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 23-24 [= LPGP 213]); Nunes (1972 [1932]: 89-90); Littera (2016: I, 174); Fassanelli (2021: 40).
II. Outras edicións: Moura (1847: 24-25); Monaci (1875: 43); Braga (1878: 20); Machado & Machado (1952: III, 33); Júdice (1997: 92); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: López-Aydillo (1914: 46-47); Tavares (1943 [1923]: 23); Nemésio (1961 [1949]: 199-200); Tavares (1961: 18-19); Ferreira (1988: 59-60); Alvar & Beltrán (1989: 369); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 40); Arias Freixedo (2003: 366-367); Alvar & Talens (2009: 586); Lopes & Ferreira & Silvestre (2015: 37); Souto Cabo (2017: 70).
13 Deus] (dez) đs V 14 sén] sen B 15 fara] fera B; cuidar] cuyder B
3 vos] vós Lang 6 boa] bõa Lang, Littera 10 sérvi’] sêrvi’ Littera 12 boa] bõa Lang, Littera 16 e] por Lang 18 bõa] boa Nunes
(I) Xa que Deus vos fixo, miña señora, facer sempre do ben o mellor e vos fixo niso tan sabia, vouvos dicir unha cousa que é ben certa, así Noso Señor me valla: erades boa para rei.
(II) E xa que sabedes comprender e escoller sempre o que é mellor, quérovos dicir unha verdade, señora, que sirvo e servirei: erades boa para rei.
(III) E xa que Deus non fixo nin fará xa, segundo eu penso, quen se vos poida comparar en ter bo xuízo e en falar axeitadamente, miña señora e canto ben teño, se Deus así o dispuxese, erades boa para rei.
Esquema métrico: 3 x 8a 8a 8a 8b 8a 8B (= RM 13:48)
Encontros vocálicos: 10 sér·vi͜’e
Nótese a variación no refrán desta estrofa con respecto á nasalidade vocálica coa forma boa (I-[II]) e bõa (III). Véxase nota a 233.5.