I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 55-56 [= LPGP 222]); Nunes (1972 [1932]: 180-181); Littera (2016: I, 203).
II. Outras edicións: Moura (1847: 97-98); Monaci (1875: 60); Braga (1878: 29); Machado & Machado (1952: III, 141); Júdice (1997: 137); Montero Santalha (2004).
8 ca] da B 9 peç’a] peca B 13 praz] prax B
8 min] mi Lang, Nunes, Littera
(I) Que pracer tendes, señora, en me facerdes mal polo ben que vos quixen e quero! E por iso lle pido eu isto a Noso Señor: que vos mude esa má vontade que me tendes tan sen razón.
(II) Tendes pracer polo meu mal, aínda que vos amo máis que a min mesmo; e por iso lle pido a Deus, que sabe canto é o meu mal, así: que vos mude esa má vontade que me tendes tan sen razón.
(III) Moito vos prace polo mal que eu teño, luz destes ollos meus; e por iso lle pido eu a Deus, que sabe a coita que teño, que vos mude esa má vontade que me tendes tan sen razón.
Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8a 8C 8C + 8c 8c (= RM 160:335)
Encontros vocálicos: 6 mi‿avedes; 12 mi‿avedes; 18 mi‿avedes
A preposición a non existe na expresión amar máis ca mi(n)/sí (nen al), moi frecuente no corpus trobadoresco (44.13, 102.17, 140.8 e 10, 200.5, 215.16 etc.), a pesar de, aparentemente, o pronome tónico esixir a presenza do enlace. Neste sentido, téñase en conta que os pronomes persoais tónicos poden aparecer sen preposición en numerosas pasaxes trobadorescas (véxase Glosario, s.v. mí, func. 2). Véxase nota a 861.14. Cfr. nota a 177.22 e 243.16.