I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 59 [= LPGP 217]); Nunes (1972 [1932]: 189-190); Eirín García (2015: 238); Littera (2016: I, 206).
II. Outras edicións: Moura (1847: 104-105); Monaci (1875: 61-62); Braga (1878: 30); Machado & Machado (1952: III, 149-150); Júdice (1997: 142); Montero Santalha (2004).
1 poss'en quitar] possen quytar / (posseu quitar) V 7 faça] faca B 11 quis] Qs̄ B 12 coraçon] coracō B 13 cuidar, e viv'assi] cuydar ... y / Euyuassy B 17 gran] g̃ra B 19 vivi] mui B
17 mui] om. Lang
(I) Eu fago todo o posíbel, señora, para afastar de pensar en vós a este meu corazón, que pensa sempre en como vos vin; mais non podo por nada nin a min nin a el forzar para que non pense sempre en cal vos vin; e por iso non sei hoxe o que faga de min nin sei que decisión tomar.
(II) Non puiden nunca librar de chorar estes meus ollos desde o momento en que vos viron, señora, pois desde aquela así o quixo Deus –que vos foi mostrar–, que desde ese intre non puidese afastar o corazón de pensar en vós, e vivo así sufrindo tal coita que non ten par.
(III) E, miña señora, pois sempre hei de pensar no maior ben dos que existen no mundo cal é o voso, teño moita razón pois non podo afastar o corazón diso, de vivir en tamaño mal como vivín desde que para meu mal vos coñecín, e de sempre desexar a morte.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10a (= RM 161:16)
O pronome el, como as restantes formas pronominais tónicas oblicuas (mí ~ min, ti, nós, vós, el ~ ela), pode aparecer como complemento directo sen preposición, como forma libre, con algunha frecuencia na lingua trobadoresca.
O suxeito de cuide é tanto unha primeira persoa (eu) como unha terceira persoa (el, o corazón).
Na poesía trobadoresca galego-portuguesa é moi frecuente o encontro dos pronomes vos e lhe (ou lhi) polo frecuente uso de vos como dativo ético, resolto cunha asimilación da consoante alveolar á lateral palatal (106.14, 135.7, 142.13, 216.18, 254.16, 393.15, 490.13, 562.11, 722.16, 767.2, 819.2, 971.17, 1121.18, 1648.12), coa única excepción en 1388.8. A mesma solución se encontra nas Cantigas de Santa Maria (CSM 135.69, 151.38, 203.4, 265.102), mesmo algunha vez na secuencia pois + lle:
e poy-ll’ ouveron comprada, un dia ante da luz
moveron do porto Dovra (CSM 35.115);e poi-ll’ alçaron a mesa, foi catar logo correndo
logar en que o fezesse (CSM 45.37);foi enton ela moi leda poi-ll’ el diss’ onde ve͂era (CSM 55.72).
Repárese no valor causal de u (‘porque, pois’), que é certamente infrecuente no corpus profano das cantigas (véxase Glosario, s.v. u).
A voz camanho, que ten un significado conforme á súa orixe no lat. quam magnum ‘que grande, tan grande’, funciona como un adxectivo cualificativo na lingua medieval, e nunha ocasión forma estrutura correlativa con tamanho (< tam magnum):
Non creo que tamanho ben
mi vós podessedes querer
camanh’a mí ides dizer (594.7-9).