569 [= Tav 25,112]
Senhor, eu vivo coitada

Senhor, eu vivo coitada
vida des quando vos non vi;
mais, pois vós queredes assi,
por Deus, senhor ben-talhada,
querede-vos de min doer
ou ar leixade-m’ir morrer.
Vós sodes tan poderosa
de mí que meu mal e meu ben
en vós é todo; [e] por én,
por De[u]s, mia senhor fremosa,
querede-vos de [min doer
ou ar leixade-m’ir morrer].
Eu vivo por vós tal vida
que nunca estes olhos meus
dormen, mia senhor; e, por Deus,
que vos fez de ben comprida,
querede-vos de mí doer
[ou ar leixade-m’ir morrer],
ca, senhor, todo m’é prazer
quant’i vós quiserdes fazer.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


B 552, V 155

Edicións


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 64 [= LPGP 229]); Nunes (1972 [1932]: 202-203); Eirín García (2015: 252); Littera (2016: I, 210-211).
II. Outras edicións: Moura (1847: 115-117); Monaci (1875: 64); Braga (1878: 32); Machado & Machado (1952: III, 161-162); Júdice (1997: 148); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Tavares (1943 [1923]: 29-30); Pimpão (1942: 54); Tavares (1961: 25-26); Torres (1977: 233); Ferreira (1991: 28).

Variantes manuscritas


6 morrer] moirer B : mouer V   8 mí] mī V   9 vós é todo] uo e podo V   10 om. B : entreliñado en V entre os vv. 6 e 7   16 comprida] cpⁱda V   19 prazer] praxer B   20 quant'i] Qūti B

Variantes editoriais


En Lang a estrofa II presenta alterada a orde dos versos por non advertir o entreliñamento do v. 10, ausente en B e colocado como v. 1 desta estrofa en V.

2 vos] vós Lang   8 mí] mim Lang, Littera : min Nunes   17 mí] mim Lang, Littera : min Nunes   20 quiserdes] quizerdes Lang

Paráfrase


(I) Señora, eu vivo unha vida coitada desde que non vos vin; mais, pois así o queredes vós, por Deus, señora ben feita, querede ter piedade de min ou senón deixádeme ir morrer.

(II) Vós tendes tanto poder sobre min que o meu mal e o meu ben todo está en vós; e por iso, por Deus, miña señora fermosa, querede ter piedade de min ou senón deixádeme ir morrer.

(III) Eu vivo por vós tal vida que nunca estes ollos meus dormen, miña señora; e, por Deus, que vos fixo cumprida de ben, querede ter piedade de min ou senón deixádeme ir morrer, (1) pois, señora, éme pracer todo canto vós quixerdes facer.
 

Métrica


Esquema métrico: 3 x 7’a 8b 8b 8’a 8C 8C + 8c 8c (cfr. Tav 160:419)

Notas


Texto
  • 5

    Máis unha vez aparece a variación ~ min no refrán. Véxase nota a 202.6. Cfr. nota a 27.4-6.

  • 7-8

    A expresión seer poderosa de mi(n) / seer poderosa del, con que se mostra o dominio da senhor sobre o trobador, só se rexistra en 50.3, e, sobre todo na obra de Don Denis (véxanse 506.2-3 e 575.15-16).

  • 10

    O esquema rimático indica con clareza como este verso, ausente en B, foi copiado a posteriori polo copista de V no espazo existente entre as estrofas I e II.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado