571 [= Tav 25,8]
Amiga, muit’á gran sazon

Amiga, muit’á gran sazon
que se foi d’aqui con el-rei
meu amigo; mais ja cuidei
mil vezes no meu coraçon
que algur morreu con pesar,
pois non tornou migo falar.
Porque tarda tan muito lá
e nunca me tornou veer,
amiga, si veja prazer,
máis de mil vezes cuidei ja
que algur morreu con pesar,
[pois non tornou migo falar].
Amiga, o coraçon seu
era de tornar ced’aqui
u visse os meus olhos e min;
e por én mil vezes cuid’eu
que algur morreu con pesar,
[pois non tornou migo falar].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 554, V 157

Edicións


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 66-67 [= LPGP 179]); Nunes (1973 [1928]: 6); Cohen (2003: 587); Littera (2016: I, 212).
II. Outras edicións: Moura (1847: 120-121); Monaci (1875: 64-65); Braga (1878: 32); Machado & Machado (1952: III, 165-166); Cohen (1987: 21-22); Júdice (1997: 22); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Pimpão (1942: 58); Nunes (1959: 335); Torres (1977: 248); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 28); Diogo (1998: 186-187).

Variantes manuscritas


5 que] O aie V; morreu] moireu B : moneu V   9 prazer] praxer B   10 mil] mal V   11 morreu] moireu B   13 coraçon] corazō V

Variantes editoriais


9 si] s’i Lang   15 meus] meos Lang

Paráfrase


(I) Amiga, hai moito tempo que se foi de aquí o meu amigo co rei; mais xa pensei mil veces no meu corazón que algures morreu de pesar, pois non tornou para falar comigo.

(II) Porque tarda tanto alá e nunca me volveu ver, amiga, así vexa pracer, máis de mil veces pensei xa que algures morreu de pesar, pois non tornou para falar comigo.

(III) Amiga, a súa vontade era tornar cedo aquí onde vise os meus ollos e a min; e por iso mil veces coido eu que algures morreu de pesar, pois non tornou para falar comigo.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8a 8C 8C (= Tav 160:326)

Encontros vocálicos: 15 visse‿os

Notas


Texto
  • 9

    A segmentación en s’i que Lang propón é errada: a frase formularia de tipo aseverativo  se ~ si ~ assi veja prazer está abondosamente documentada (79.16, 384.16, 419.4, 440.9, 778.8, 1060.1, 1198.3, 1624.1, coa introdución de eu en 416.4), coas variantes se vejades prazer (877.12) e mais se prazer vejades (1174.1) con mudanza para a P5.

  • 15

    Repárese na singular expresión no verso dionisino, que concorda coa mesma formulación presente en 542.9. Deste xeito, o sentido dos versos é o seguinte: ‘Amiga, a súa vontade era tornar cedo a aquí, onde vise (directamente) os meus ollos’.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado