I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 723 [= LPGP 942]); Littera (2016: II, 527).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 28); Machado & Machado (1949: I, 111-112); Rios Milhám (2017: I, 57).
III. Antoloxías: Arias Freixedo (2003: 277-278).
4 log’al] logual B 6 vós] uꝯ B 8 avedes] au’edes B 21 rogar] roguar B
2 vos] vus Michaëlis 3 vos] vus Michaëlis 4 vos] vus Michaëlis 6 vós querades] vus que[i]rades Michaëlis : vos queirades Littera 9 vos] vus Michaëlis 12 vós querades] vus que[i]rades Michaëlis : vos queirades Littera 13 vos] vus Michaëlis 14 vos] vus Michaëlis 18 vós querades] vus que[i]rades Michaëlis : vos queirades Littera 19 vos] vus Michaëlis 21 vos] vus Michaëlis 24 vós querades] vus que[i]rades Michaëlis : vos queirades Littera
(I) Por Deus, miña señora, en canto eu viva xa vos eu sempre rogarei por Deus que me vallades; mais eu vos direi logo outra cousa que nunca vos pensei dicir: eu coido que non me poderedes valer xa, aínda que vós queirades.
(II) E sabede agora moi ben que vós me metestes en tal coita por vós que, aínda que por min vos sentísedes mal, miña fermosa señora, eu coido que non me poderedes valer xa, aínda que vós queirades.
(III) E, miña señora, direivos ao respecto como é o meu caso, e, por Deus, non sintades pesar diso! Vede, aínda que eu hoxe así me perdo polo voso ben, señora, abofé, eu coido que non me poderedes valer xa, aínda que vós queirades.
(IV) E aínda que eu vos amo moi de corazón, señora, moi a pesar de vós, e vos veño cada día rogar que me vallades, así Deus me perdoe, eu coido que non me poderedes valer xa, aínda que vós queirades.
Esquema métrico: 4 x 10a 10b 10b 10a 8’C 8’C (= RM 160:278)
Encontros vocálicos: 8 mi‿avedes
Nótese a repetición e insistencia no uso da conxunción concesiva macar, con sete ocorrencias (vv. 6, 9, 12, 15, 18, 19, 24), unha terzo do total de aparicións ao longo do corpus trobadoresco profano. Na realidade, esta conxunción concesiva, de orixe grega, é case exclusiva do rexistro poético, tal como se deduce do seu uso na poesía trobadoresca profana e da súa alta frecuencia nas Cantigas de Santa Maria. A súa aparición noutro tipo de textos é moi escasa (véxase CGPA, s.v. macar).
Mantemos o querades da lección manuscrita por se tratar da forma etimolóxica do presente subxuntivo de querer (< quaeram, quaeras etc.), forma minoritaria con presenza indubitábel na lingua medieval e no corpus poético trobadoresco. Cfr. nota a 73.16.
O referente de o meu é ambiguo, pois tanto se pode referir a mal (v. 9) como indicar ‘os meus asuntos’.