I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 73 [= LPGP 180]); Nunes (1973 [1928]: 15); Cohen (2003: 597); Littera (2016: I, 218).
II. Outras edicións: Moura (1847: 134-135); Monaci (1875: 68); Braga (1878: 34); Machado & Machado (1952: III, 181); Cohen (1987: 41); Júdice (1997: 32); Montero Santalha (2004); Corral Díaz & Vieira (2023: 165-166).
1 Amiga] Amigas BV 8 sei eu] seer V 14 lhi] li V
5 poer] põer Cohen, Littera 11 poer] põer Cohen, Littera 17 poer] põer Cohen, Littera 20 pera] para Lang
(I) Amiga, sei eu ben dunha muller que fai todo o posíbel para pór a mal convosco ao voso amigo, por matalo; mais ela quere todo isto, amiga, porque nunca puido acordar con el de xeito que puidese telo por amigo.
(II) E búscalle contra vós canto mal pode, isto seino eu ben; e todo isto o fai ela polo seu (mal), e por isto e non por outra cousa, porque nunca puido acordar con el de xeito que puidese telo por amigo.
(III) Ela pon todo o empeño, desde hai moito tempo, para lle facer sentir o voso desamor e sente moito pracer con iso; e todo isto non é, amiga, senón porque nunca puido acordar con el de xeito que puidese telo por amigo.
(1) E por isto ela emprega todo o seu poder, para o pór a mal convosco.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C + 10c 10c (= RM 160:16)
O plural amigas dos manuscritos ben pode proceder dunha deficiente segmentación da eventual lección <Amiga ssey> do antígrafo.
Nótese que polo seu é remite ao v. 7, onde aparece mal: polo seu (mal).
No verso, tal como foi transmitido por BV, hai que considerar unha dialefa ou hiato do pronome se (con á), fronte á tendencia xeral da existencia de sinalefa nas formas pronominais átonas me, lhe etc. Neste sentido, podería considerarse a omisión dunha copulativa inicial que evitase o hiato que continuase a ligazón das anteriores estrofas até a fiinda: [E] ela trabalha-se, á gran sazon.
É relativamente frecuente a omisión da copulativa inicial de estrofa (e de verso) ou de fiinda nos manuscritos, que nos permite neste caso restaurar a isometría versal. Casos semellantes, en fiindas, documéntanse en 274.19, 287.19, 398.22, 527.19, 578.19, 633.22, 841.19, 1019.22, 1020.19, 1051.19, 1057.19.
O pronome lo refírese ao amigo.