I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 84-85 [= LPGP 206]); Nunes (1973 [1928]: 32); Cohen (2003: 615); Littera (2016: I, 228-229).
II. Outras edicións: Moura (1847: 159-161); Monaci (1875: 73); Braga (1878: 37); Machado & Machado (1952: III, 213); Cohen (1987: 76-77); Júdice (1997: 40); Montero Santalha (2004).
4 lho] lo B 6 viv’en] uiuer V; per] por V; morrer] moirer B 7 sofre] sofro BV; perdon] pardō B 13 Morrerá] Moirera B 17 min] mi V 20 morrer] moirer B
3 boa] bõa Lang, Cohen, Littera 5 mí] min Nunes 6 per] por Lang, Nunes 11 min] mi Lang, Cohen, Littera 12 per] por Lang, Nunes 17 min] mi Lang, Cohen, Littera 18 per] por Lang, Nunes 19 mi] min Nunes 20 queria] quer[r]ia Littera
(I) O meu amigo sofre de mal tanto, amiga, que realmente moito mal é, e abofé que non existe mal maior; e vede que é o que lle causa todo isto: porque non pensa recibir ben de min, vive en coita, coitado por morrer.
(II) Sofre tanto mal, así Deus me perdoe, que eu, amiga, xa teño dó del; e polo que eu sei do seu corazón, todo este mal é por esta razón: porque non pensa recibir ben de min, vive en coita, coitado por morrer.
(III) Morrerá desta, certamente, pois sofre un pesar tan grande que non se pode librar da morte; e, amiga, (por iso) lle vén todo este mal: porque non pensa recibir ben de min, vive en coita, coitado por morrer, (1) pois se pensase recibir ben de min, el querería antes vivir que morrer.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C + 10c 10c (= RM 160:24)
Encontros vocálicos: 13 desta,‿u
A forma gráfica pardon, aparente variante de influencia francesa para o xeral perdon é lección exclusiva (errada, por deficiente desenvolvemento da abreviatura <ꝑ>) do copista a do Cancioneiro da Biblioteca Nacional (véxase Ferrrari 1979: 83-85), pois de case sesenta aparicións de tal forma en B, só dúas delas son doutros copistas (859.6, copista b, 952.9, copista e), constituíndo, por tanto, simples lapsos puntuais que tamén poden aparecer noutros vocábulos. Véxase Ferreiro (2016b).