630 [= RM 33,3]
Estes que agora, madre, aqui son

Estes que agora, madre, aqui son
dizen que é sandeu meu amigo;
non tenhades que o per al digo,
mais ben creo, se me vis[s]en, que non
terrian meu amigo por sandeu,
madre, e que por min ensandeceu.
E os que dizen que perdeu o sén
por mí, madre, non me dirian mal
se soubessen com’é; e sei-me eu al,
pois que me vissen: que nunca por én
terrian meu amigo [por sandeu,
madre, e que por min ensandeceu].
E aqueles que ja dizen que é
por mí sandeu, as[s]i Deus me perdon,
cada ũu deles no seu coraçon,
se me vissen, nunca, per bõa fe,
terrian meu amigo por sandeu,
[madre, e que por min ensandeceu].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 615, V 216

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 55); Radulet (1979: 57 [= LPGP 268]); Cohen (2003: 345); Littera (2016: I, 283).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 85); Braga (1878: 43); Machado & Machado (1952: III, 263).
III. Antoloxías: Nunes (1932: 23-24).

Variantes manuscritas


1 Estes] EEstes B; aqui] a q̄ B   2 amigo] damigo B   3 per al] popal V   4 creo] (qeo) creo V   5 terrian] Terria B   6 e] de B : (d)e V; ensandeceu] ensēdeceu B   7 dizen] dizer V   8 mí] me V   9 soubessen] soubesem B   10 vissen] uissera B   11 terrian] Derrīa B   13 aqueles] aq̄lls̄ B : aq̄lls V; ja] io B; é] hei B : lhe V   14 mí] moy BV; me] mi V; perdon] pardom B   15 deles] dellas : dells̄ V; coraçon] coracō B   16 nunca] nūta V; bõa] boa B   17 terrian] Terrīa : terria V; por] per V

Variantes editoriais


3 per] por Nunes, Radulet, Cohen, Literra   6 e] de[s] Radulet, de Cohen, Littera; min] mi Nunes   8 mal] tal Nunes   9 me eu] m’eu Nunes   12 e] des Radulet, de Cohen, Littera; min] mi Nunes   13 aqueles] aquelles Radulet; que] qu’el Nunes, Radulet   14 as[s]i] asy Radulet; me] mi Nunes; perdon] pardom Radulet, pardon Cohen   15 ũu] un Nunes, Cohen, um Littera   16 per] por Nunes; bõa] boa Radulet   18 e] des Radulet, de Cohen, Littera; min] mi Nunes

Paráfrase


(I) Estes que agora están aquí, madre, din que o meu amigo está tolo; non pensedes que o digo por outra cousa, mais creo que, se me visen, non terían por tolo ao meu amigo, madre, e (pensarían) que por min enlouqueceu.

(II) E os que din que perdeu a razón por min, madre, non me falarían mal se soubesen como é; e sei eu outra cousa, despois de que me visen: que nunca por iso terían por tolo ao meu amigo, madre, e (pensarían) que por min enlouqueceu.

(III) E aqueles que din que está louco por culpa miña, así Deus me perdoe, cada un deles no seu pensamento, se me visen, nunca, abofé, terían por tolo ao meu amigo, madre, e (pensarían) que por min enlouqueceu.

Métrica


Esquema métrico: 10a 9’b 9’b 10a 10C 10C (I [= RM 160:281]) + 10a 10b 10b 10a 10C 10C (II, III [= RM 160:44])

Encontros vocálicos: 1 madre,aqui; 9 -meeu; 15 u͂͜u

Notas


Texto
  • 5

    Nótese a leve variación per ~ por de V no refrán da derradeira estrofa. Cfr. nota a 27.4.

  • 6

    Acollemos a lección do Cancioneiro da Vaticana, que presenta riscado o <d> da primitiva (e defectuosa) lección <de>, mantida en B. Este pormenor non debeu ser advertido polos editores posteriores a Nunes, que emendan ou xustifican con dificultade a lección de B.

  • 13

    Non é admisíbel a lectura qu’el (con crase anómala da conxunción) de Nunes e Radulet perante a lección submistrada por B, que xa indica que el non está presente.

    Por outra parte, nótese a grafía <ll> en <aquelles> BV, que, alén de se rexistrar en múltiplas ocorrencias de nulho nos apógrafos italianos (especialmente en B) en vez de <lh>, só se acha de forma esporádica como grafía etimolóxica en voces con /l/ procedente, en xeral, da xeminada latina (ali, bailada, castelo, cavalo –e cavaleiro–, esmola, querelar, Varela, vassalo, Vilanansur etc., con especial incidencia en ela, aquela e ele/s), moi esporadicamente na forma do pronome el (e mais do artigo el-) (véxase nota a 637.2), nalgunha asimilación do artigo ou do pronome (véxase notas a 6.32 e 918.11) e, finalmente, en voces co secuencia fonética [ɾl], que é transmitida sistematicamente en BV coa grafía <rll> (véxase nota a 392.9).

  • 14

    A forma gráfica pardon, aparente variante de influencia francesa para o xeral perdon (conservada por Radulet e Cohen) é lección exclusiva (errada, por deficiente desenvolvemento da abreviatura <ꝑ>) do copista a do Cancioneiro da Biblioteca Nacional (véxase Ferrrari 1979: 83-85), pois de case sesenta aparicións de tal forma en B, só dúas delas son doutros copistas (859.6, copista b, 952.9, copista e), constituíndo, por tanto, simples lapsos puntuais que tamén poden aparecer noutros vocábulos. Véxase Ferreiro (2016b).

  • 15

    O indefinido u͂u (e tamén algu͂u e neu͂u) debería, aparentemente, computar como bisilábico, e así acontece con certa frecuencia ao longo do corpus; porén, na maior parte das súas aparicións funciona como unha forma monosilábica, revelando dese xeito que se trata dunha grafía conservadora. Algo similar acontece con bõo ~ boo (véxase nota a 241.10) e, aínda en menor medida, sõo ~ soo (véxase nota a 10.25), que son basicamente voces bisilábicas, aínda que nalgunhas ocasións computan como unisilábicas.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado