650 [= Tav 151,3]
Cuidades vós, meu amigo, ca vos non quer’eu mui gran ben

Cuidades vós, meu amigo, ca vos non quer’eu mui gran ben,
e a mí nunca ben venha se eu vejo no mundo ren
que a mí tolha desejo
de vós u vos eu non vejo.
E, maca-lo vós cuidades, eno meu coraçon vos ei
tan grand’amor, meu amigo, que cousa no mundo non sei
que a mí tolha desejo
[de vós u vos eu non vejo].
E nunca mi ben querades, que mi sera de morte par,
se souberdes, meu amigo, ca poss’eu ren no mund’achar
que a mí tolha [desejo
de vós u vos eu non vejo].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 

Manuscritos


B 634, V 236

En BV a composición aparece enteiramente copiada en versos curtos (heptasílabos e octosílabos), conforme o padrón do refrán.

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 66-67 [= LPGP 937-938]); Cohen (2003: 120); Littera (2016: II, 543).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 91); Braga (1878: 47); Machado & Machado (1952: III, 295).
III. Antoloxías: Nunes (1959: 273); Vasconcellos (1959: 19-20); Torres (1977: 435); Sansone (1990: 56); Diogo (1998: 30-31); Arias Freixedo (2003: 286-287); Souto Cabo (2017: 243).

Variantes manuscritas


1 gran] g̃ra B   5 maca-lo] macalos V   6 grand’] g̃rad B   10 souberdes] so\u/berdes B; no] nō V   11 mí] mī B

Variantes editoriais


En Nunes as estrofas seguen a disposición dos manuscritos, con versos de 7’ e 8 sílabas no corpo da estrofa.

9 querades ... mi] que[i]rades ... me Nunes : queirades ... mi Littera

Paráfrase


(I) Coidades vós, meu amigo, que eu non vos amo, mais que nada bo me aconteza se eu vexo no mundo algunha cousa que me quite o desexo de vós cando non vos vexo.

(II) E aínda que vós o pensades, no meu corazón vos teño un amor tan grande, meu amigo, que non coñezo cousa no mundo que me quite o desexo de vós cando non vos vexo.

(III) E nunca me amedes, o que será para min como a morte, se souberdes, meu amigo, que eu podo achar no mundo algunha cousa que me quite o desexo de vós cando non vos vexo

Métrica


Esquema métrico: 3 x 16a 16a 7’B 7’B (= Tav 37:5)

Notas


Texto
  • 5

    A conxunción concesiva macar, de orixe grega, é case exclusiva do rexistro poético, tal como se deduce do seu uso frecuente na poesía trobadoresca profana e da súa alta frecuencia nas Cantigas de Santa Maria. A súa aparición noutro tipo de textos é moi escasa (véxase CGPA, s.v. macar). Neste contexto, véxase como macar, igual que acontece con alhur, mais, pois e depois, pode aparecer con asimilación fonética co pronome identificador, feito que tamén se rexistra nas Cantigas de Santa Maria: maca-lo encobrir queiran (CSM 188.6).

  • 9

    Fronte a Nunes e Littera, mantemos o querades da lección manuscrita por se tratar da forma etimolóxica do presente subxuntivo de querer (< quaeram, quaeras etc.), forma minoritaria con presenza indubitábel na lingua medieval e no corpus poético trobadoresco.

  • 11

    A lección <mī> de B suporía introducir unha leve variación lingüística neste verso do refrán (cfr. nota a 31.5).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado