662 [= Tav 106,9]
Foi-s’un dia meu amigo d’aqui

Foi-s’un dia meu amigo d’aqui
e non me viu e, porque o non vi,
madre, ora morrerei.
Quando m’el viu, non foi polo seu ben,
ca morre agora por mí, e por én,
madre, [ora morrerei].
Foi-s’el d’aqui e non m’ousou falar
nen eu a el, e por én con pesar,
madre, [ora morrerei].
 
 
 
 
5
 
 
 
 

Manuscritos


B 647, V 248

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 76 [= LPGP 687]); Sodré (1998: 94); Cohen (2003: 132) Pousada Cruz (2013: 286); Littera (2016: II, 188).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 94); Braga (1878: 49); Machado & Machado (1952: III, 309); Camargo et alii (1995: 48).
III. Antoloxías: Torres (1977: 521).

Variantes manuscritas


2 viu] uyn B   3 morrerei] moirerey B   5 morre] moire B

Variantes editoriais


5 mí] min Nunes, Sodré

Paráfrase


(I) Foise un día o meu amigo de aquí e non me viu e, porque non o vin, madre, agora morrerei.

(II) Cando el me viu (por primeira vez) non foi polo seu ben, pois agora morre por min, e por iso, madre, agora morrerei.

(III) Foise el de aquí e non se atreveu a falarme nin eu a el, e por iso con pesar, madre, agora  morrerei.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10a 7B (= Tav 26:71)

Encontros vocálicos: 5 morre‿agora

Notas


Texto
  • 1

    Nótese que o incipit desta cantiga de Nuno Fernandez Torneol é idéntico ao verso inicial da cantiga 1212 de Martin de Caldas.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado