I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 81-82); Tavani (1988a: 252 [= LPGP 483]); Cohen (2003: 139); Littera (2016: I, 568).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 96); Braga (1878: 50); Machado & Machado (1952: III, 320).
III. Antoloxías: Cidade (1941: 30-31); Nunes (1959: 288-289); Pena (1990: 140)
3 e irei eu convosco] euey eu con uo seo V 4 morrerá] moirera B 5 po-lo] poylo BV 7 morr’e] de morte BV 8 guarra] guaira B
4 coitado] coitad’é Cohen, Littera 7 morr’e] de morte Nunes : el morr’e Cohen; ben] |gran| ben Cohen 8 madr’, e] madre: Tavani
(I) Ide, ai miña nai, ver o meu amigo, que está moi apenado porque non fala comigo, e irei eu convosco se vós quixerdes.
(II) Tan coitado que morrerá se non me vir, ide velo, ai miña nai, para salvalo, e irei eu convosco se vós quixerdes.
(III) Porque morre e me ama de corazón, ídeo ver, miña nai, e sobrevivirá entón, e irei eu convosco se vós quixerdes.
Esquema métrico: 3 x 11’a 11’a 11’B (I [= Tav 26:53]) + 12a 12a 11’B (II-III [= Tav 26:39])
A emenda de Rip Cohen (e Littera), baseada na frecuente confusión das grafias <o>/<e>, semella desnecesaria, pois pode considerarse elíptico o verbo ser, que aparece explícito dous versos antes.
O erro da lección ofrecida polos manuscritos (<poylo>), corrixida unanimemente por todos os editores, é obvio, pois o sentido non permite ningunha outra opción editorial.
Fronte ao mecánico conservadorismo de Nunes, que deixa o verso sen sentido, a solución editorial de Tavani, coa omisión de <de> e a emenda <t>/<r>, semella a máis económica a partir de lección deturpada de BV, de modo que semántica e metricamente o verso fica correcto. Tamén plausíbel é a versión de Cohen, que emenda tamén <de> para el e omite gran para nivelar metricamente o verso.
Como acontece con frecuencia por volta da segmentación, e nomeadamente da deglutinación da conxunción copulativa e, a solución tavaniana tamén é posíbel.