En A a derradeira estrofa comeza no v. 20, coa copulativa E indicando o inicio, cando, na realidade, supón un erro de copia por canto esta partícula inicia o v. 19, o verdadeiro primeiro verso da estrofa.
I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 11-12 [= LPGP 947]); Littera (2016: II, 535).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 33); Carter (2007 [1941]: 3); Marques Braga (1945: 9-1o); Machado & Machado (1949: I, 127-128); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: I, 67).
III. Antoloxías: Fernández Pousa (1951: 111-112); Piccolo (1951: 11-12).
1 cuita] coyta B 2 eno] e nō B 4 lle] lhi B 6 atal per que] atall’ que B 8 ést’outre] ē outre A : estoutʼm B 9 tive] tiuj B 12 pouco ora] poucora B 14 máis] om. B 16 rogar] rogʷr B 17 leixe oir] leixoyr B 19 E, se o Ele] se o ele A : E esso el B 20 logo eu cuita non sentirei] E logo eu cuita sentirei A : logeu coyta nō sentirey B 21 ca inda] caa iuda B; vos] uos A; direi] <...> B 22 logo] log A; mi averei] ma u’ey B 23 cuita] coyta B 24 eu] om. B
8 ést’outre] é outre Michaëlis 12 pouco] pouc(o) Michaëlis 17 leixe] leix(e) Michaëlis 19 Ele] el(e) Michaëlis 20 logo] log(o) Michaëlis; cuita] coita Michaëlis 21 vos] vus [eu] Michaëlis
(I) A quen hoxe maior coita ten de amor no seu corazón de cantos del viven coitados, Noso Señor lle poña remedio a iso, se lle a El prouguer, tal que con el lla quite.
(II) E crede agora unha cousa: que non existe outro, agás eu, que a (coita) tiven desde o intre mesmo en que eu vin por primeira vez, abofé, tal muller a quen agora iso non lle importa nada.
(III) Porén, xa sempre a amarei máis que calquera outra cousa, mentres eu viva, e rogarei o máis que eu puider rogar a Deus que el ma deixe ouvir falar e ma deixe ver.
(IV) E se El o quixer facer, logo eu non sentirei coita, pois aínda vos direi máis: logo me poderei librar de nunca xa máis sentir coita nos días que eu viva.
Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8b 8c 8d 8a (= RM 202:1)
Encontros vocálicos: 9 mi-‿a; 12 pouco‿ora; 17 mi-‿a leixe‿o·ir; 18 mi-‿a; 19 o‿Ele; 20 logo‿eu; 21 má·is; 22 mi‿averei
Nótese o frecuente inicio nas cantigas de amor cunha concordancia ad sensum provocada polo feito de introducir un aparente suxeito que realmente é un CI a que falta a preposición a: (A) quen oje maior cuita ten / d’amor ... / ... / Nostro Sennor lle ponna i / consello...
A forma verbal éste aparece con frecuencia envolvida en problemas de copia, como se percibe con clareza na lección de A, ao tempo que existe certa resistencia nalgúns editores cara a esta forma, de que Michaëlis (ou Littera) son unha boa mostra, como se manifesta na súa decisión editorial. Cfr. nota a 65.4.
Dun modo diferente a como acontece noutros contextos en que mais e pero funcionan como conxuncións independentes do punto de vista sintáctico (véxase 76.10, 301.16, 692.10, 728.16, 953.4, 1146.9), mais pero (mas pero en 268.16) constitúe unha locución conxuntiva equivalente a ‘a pesar de, non obstante, porén’.
A contaxe bisilábica de mais (véxase nota a 12.8) evita calquera tipo de suplementación (eu na edición de Michaëlis) ou o recurso á variante ainda de B en Littera, polo feito de consolidar a variante inda do Cancioneiro da Ajuda. A forma reducida deste adverbio, en xeral precedida de ca1 , atéstase por veces no corpus (68.12, 853.3, 1093.3, 1099.13), a convivir coa maioritaria ainda e a esporádica einda (véxase nota a 70.9).
Nestes contextos a variante ainda provocaría unha sinalefa anómala coa conxunción comparativa (véxase Ferreiro 2012b).