I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 118 [= LPGP 476]); Cohen (2003: 182); Littera (2016: I, 555-556).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 121); Braga (1878: 57); Machado & Machado (1952: III, 375-376).
III. Antoloxías: Cidade (1941: 44); Magalhães (2007: 91).
1 faço] fazo V 3 bõa] boa B 9 [P]erderei] E direy B : Eidirey V; morrerei] moirerey B 14 dos meus] do olhos meꝯ B : dꝯ olhos meꝯ V
En Nunes o refrán é un único verso dodecasilábico.
5 [E] con tan] Con [a]tan Nunes, Cohen : Com [a]tam Littera 6 amig’] amigo Nunes : amig[o] Cohen; [o]] om. Nunes, Cohen, Littera 10 amig’] amigo Nunes : amig[o] Cohen, Littera; [eu]] om. Cohen, Littera 14 meus] olhos meus Nunes : |olhos| meus Cohen
(I) Que triste ando eu hoxe, e con moita razón: foise o meu amigo, e o meu corazón, donas, abofé, alá está onde el está.
(II) E con tan gran coita perderei o xuízo: foise o meu amigo, e o meu corazón, donas, abofé, alá está onde el está.
(III) Perderei o xuízo, donas, ou morrerei: foise o meu amigo, e todo o ben que teño, donas, abofé, alá está onde el está.
(IV) Que a duras penas quitou dos meus ollos os seus: foise o meu amigo, e o lume dos meus, donas, abofé, alá está onde el está.
Esquema métrico: 11a 11a 6B 6B (= RM 37:35)
En Nunes, a conformación métrica da cantiga é diferente, cun esquema 11a 11a 12B (que aínda podería podería acadar a total isometría coa sinalefa fe,‿ala).
Neste verso semella preferíbel a reintegración da copulativa, pois é relativamente frecuente a omisión da conxunción inicial de estrofa (e de verso) ou de fiinda nos manuscritos, que nos permite neste caso restaurar a isometría versal. Casos semellantes documéntanse en 106.8, 151.7, 157.7, 163.11, 261.13, 293.8, 294.7 e 13, 332.7, 408.7, 447.7, 448.8, 490.19, 586.11 etc. Neste caso, e fronte a [a]tan das anteriores edicións, a copulativa inicial permite manter os acentos na 3ª e 5ª sílabas, que se manteñen fixos en toda a cantiga.
A presenza da forma contracta de amigo coa copulativa e en todos os versos (vv. 2, 6, 10 e 14) aconsella restaurar o artigo de meu ben, que, deste xeito, é construción paralela a o meu amigo do inicio do verso: o meu amig’ ... o meu ben.
En calquera caso, aínda que todo ben non leva en xeral artigo, pode documentarse a presenza do identicador nalgún contexto:
Non sei oj’ome tan ben razõado
que podesse contar todo o ben
de Sevilha,... (987.16).
A emenda das erradas leccións dos manuscritos (perder o sén) non ofrece dúbidas, e así foi realizada por Nunes e Cohen.
Igual que acontece no v. 6, para mantermos a crase amig’e é preciso reintegrar o pronome eu, que se acha, por exemplo, nunha cláusula similar de Joan Fernandez d’Ardeleiro (quanto ben eu ei, 1345.8).
De novo é obvio o erro de BV coa presenza de olhos (*e o lume dos olhos meus), que convertería o verso en hipermétrico, por máis que Nunes non considerarse tal circunstancia.