I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 123-124 [= LPGP 281-282]); Cohen (2003: 189); González Martínez (2012: 170); Littera (2016: I, 307-308).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 123); Braga (1878: 58-59); Machado & Machado (1952: III, 383-384).
III. Antoloxías: De la Iglesia (1886: II, 227-228); Seoane (1941: 72); Fernández Pousa (1951: 83); Nunes (1959: 313); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 57).
3 querria] q̅iria B 4 con] col V 5 x’[e]stan] ystam B : y stam V 6 verran] ueiram B 11 ou] ou ou B 13 mui] mnj B 14 aver] aner B 16 dos] dus V 17 ou] ou ou B
7 En quanto falastes] Enquanto falades Nunes : En quanto falardes Cohen 15 que[n]] que González Martínez 16 co[n] el] coel González Martínez 19 sei] sei [eu] Nunes, Cohen, González Martínez, Littera 20 tardarán] tardaran Nunes
(I) Amiga, hai moito tempo que non sei nin tampouco vós me viñestes dicir novas que querería saber dos que agora están co rei: se se veñen ou se fican ou en que tempo virán.
(II) En todo canto falastes comigo, dicide, así vos veña ben, se vos dixo novas alguén dos que o rei levou consigo: se se veñen ou se fican ou en que tempo virán.
(III) Daría de moi boa vontade calquera cousa que puidese ter a quen me dixese novas do rei e dos que con el están: se se veñen ou se fican ou en que tempo virán.
(1) Mais ben sei o que farán: porque me pesa, tardarán.
Esquema métrico: 8a 8b 8b 8a 8C 8C (I [= RM 160:340]) + 7’a 8b 8b 7’a 8C 8C (II [= RM 160:420]) + 8a 7’b 7’b 8a 8C 8C (III [= RM 160:409]) + 8c 8c
Encontros vocálicos: 2 mi‿ar
A mudanza de falastes para o futuro de subxuntivo falardes en Cohen vén condicionada pola interpretación de en quanto como enquanto ‘mentres’, cando, na realidade, neste contexto trátase da preposición en co pronome relativo quanto (‘Naquilo que falastes comigo, dizede...’), sen que a discontinuidade temporal sexa un problema interpretativo (falastes ... dizede).
A forma verbal quer (P3 do presente indicativo) formou historicamente diversos pronomes indefinidos, algúns deles exclusivos da lingua medieval, como que-quer ‘algo, calquera cousa, sexa o que for’, que tamén aparece noutras cantigas como tal pronome (24.23, 55.21, 238.23, 887.21, 958.19, 1244.13) ou facendo parte da locución pronominal al que-quer ‘outra cousa calquera’ (141.12, 254.6, 684.9), que constitúe a versión positiva de al ren (véxase nota a 72.21) ou al nada (véxase nota a 708.16).
Só a editora compostelá González Martínez considerou a existencia dunha crase do tipo co’el (actualmente dialectal en galego)1 no canto de interpretar a lección <co> como un erro banal por <cõ>, do mesmo xeito que aparece noutras pasaxes nos apógrafos italianos (647.2, 1337.17 etc.) e igual que, por exemplo, <no> aparece frecuentemente, tamén por erro de copia, por <nõ>, por máis que na secuencia con el se rexistre en diversas ocasións (véxase tamén 714.r2, 745.4, 1026.3, 1214.13 ou 1492.23). Esta crase ten de ser moi posterior ao movemento trobadoresco, por canto ese proceso de desaparición de -n- secundario por fonética sintáctica é un fenómeno que só se produciu moi tardiamente. Cfr. nota a 338.3.
Considerando a posibilidade de contaxe bisilábica de mais (Ferreiro 2016c), son desnecesarias as diversas emendas dos editores neste verso, todas inducidas polo aparente problema de hipometría.