I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 19-20 [= LPGP 949]); Littera (2016: II, 538).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 35); Carter (2007 [1941]: 6); Marques Braga (1945: 18-20); Machado & Machado (1949: I, 133-134); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: I, 71).
III. Antoloxías: Torres (1977: 431-432); Diogo (1998: 29-30).
1 me] mj B 2 querria] queiria B 6 per-éste pora mí] per est peramj B 7 poi-l’eu] poys lheu B; me] mj B 8 seede ora] sseedora B 9 vos] uus A 10 me] mj B 13 sempre assi] semp̄ssy B 14 foss’én mal] foss(e) en mal A 15 mi a mí] amj̄ B 17 faça por én] faca pʳ eu B 18 faç’assi] faça assi B; quiser] quisser A 19 guardar-m’ei] g̃darmey B 22 neun] nēhū B 23 ende] en̄ B 24 non] nē A; nulla] nulla B 25 ante eu] anteu B 26 eu] om. B; guardar-m’ei] g̃darmey B 27 cuita] coyta B 28 compõer] cōpoer A
6 per-éste] per est’é Michaëlis; pora] pera Littera 8 seede ora] seed(e) ora Michaëlis : seed’ora Littera 9 vos] vus Michaëlis 13 sempre assi] sempr(e) assi Michaëlis : sempr’assi Littera 14 vos] vus Michaëlis 22 neun] nẽum Littera 23 dé se ende a] dê se end(e) a Michaëlis : dê se end’a Littera 25 ante eu] ant(e) eu Michaëlis : ant’eu Littera 27 cuita] coita Littera
(I) De grado querería saber, miña señora, así Deus me valla, se sentides algún pracer por todo o mal que me facedes, porque, se sentides pracer con iso, moito ben recibo eu diso: mais como o eu non sei, de que me vale?
(II) E sabede agora o que vos eu quero dicir: que, se a vós iso vos agradase, me sería moito mellor recibir sempre mal de vós que desa forma recibir xa sempre ben de vós se iso vos prexudicase.
(III) E quen a min, miña señora, por esta causa me tiver por insensato, direille eu o que ha de facer: non o faga así se non quixer, porque eu sempre evitarei ter máis ben do que hoxe teño se non é polo voso mandado.
(IV) E Deus nunca me dea ningún ben se iso a vós non vos agrada, o que non fará de ningún xeito se eu o puider saber antes, pois eu de tal ben me privarei e coa miña coita quererei chegar a un acordo co meu corazón.
Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8a 8b 8c 8c 8d (= RM 106:4)
Encontros vocálicos: 8 se·e·de‿ora; 13 sempre‿assi; 15 mi‿a; 23 ende‿a; 25 ante‿eu
Nótese que esta cantiga comparte incipit e inicio do texto con outra cantiga de Pero Garcia Burgales:
Se Deus me valla, mia senhor,
de grado querria seer (182.1-2).
A edición de Michaëlis fixa unha segmentación imposíbel desde calquera punto de vista, xa que a partícula per- é preverbal (véxase Ferreiro 2008a: 68).
Independentemente de que <este> sexa a forma verbal éste (P3 do presente indicativo de seer) ou a suma do demostrativo este co verbo é (est’é), é moi frecuente en B (vs. A) a aparición de <est>, aparente latinismo, con ausencia de vogal final e a consecuente hipometría versal. Véxanse 65.4, 89.27, 182.26, 197.18, 302.21, 317.2, para alén daqueles casos en que éste aparece en cantigas transmitidas só polos apógrafos italianos: 184.15, 204.18, 207.11, 464.24, 714.9, 854.12, 993.20, 1075.4, 1456.12, 1625.1, 1652.2 e 1667.17. Véxase Ferreiro (2008a).
Canto á forma preposicional pora, en face de pera, é, en liñas xerais, minoritaria na lingua medieval e, en particular, na poesía profana galego-portuguesa, pois só presenta outras dúas ocorrencias (61.3 e 1517.4).
No Cancioneiro da Ajuda detéctanse algúns casos de confusión de sibilantes, probabelmente un fenómeno gráfico sen transcendencia fonolóxica. Igual que <quisser> neste verso, véxanse outras formas como <dessamar> desamar (66.21), <dessamparado> desamparado (317.21), <oussasse> ousasse (268.2, 275.4, 308.11, 313.8 e 346.3 <oussase>) e <oussen> ous’én (268.3), ou as repetidas <guissa> guisa e <guissada> guisada (72.27, 137.32, 140.1, 2 e 5, 146.19, 147.3, 150.4, 259.18, 409.8, 692.7), <pessar> pesar (90.21, 214.21, 395.9, 439.4 e 10, 441.6, 12 e 18), <quissesse> quisesse (199.27, 407.10), <quisso> quiso (407.11) e <quisser> quiser (692.13). Véxanse tamén notas a 69.7, 80.10, 88.15 e 89.2.
No Cancioneiro da Ajuda niun é a forma xeral para o indefinido, mais tamén se rexistra neun (fem. neũa); en todos os casos, cando existe copia en BV, a forma nos cancioneiros italianos é nen un (<nen hun ~ nē hū ~ nē hūu...>), agás en 132.1 (<niun> A, <neum> B). De calquera xeito, en textos transmitidos en BV tamén se rexistra a forma feminina neũa en 1267.r1 e 1319.11, xunto coa forma neũu de V en 1007.22).
A utilización da grafía <ll> (vs. <lh>) para a lateral palatal sonora no corpus das cantigas só se rexistra esporadicamente nos cancioneiros apógrafos italianos no indefinido nulho/a; noutras voces a súa aparición é un fenómeno extraordinario, pois só se rexistran cinco ocorrencias dese tipo. Cfr. nota a 199.33.