71 [= RM 151,23]
Se Deus me valla, mia sennor

Se Deus me valla, mia sennor,
de grado querria saber
se avedes algun sabor
en quanto mal m’ides fazer,
ca, se sabor avedes i,
gran ben per-éste pora mí:
mais poi-l’eu non sei, que me val?
E seede ora sabedor
do que vos eu quero dizer:
ca me seria mui mellor
de sempre de vós mal prender,
se sabor ouvessedes i,
ca de prender ja sempre assi
de vós ben se vos foss’én mal.
E quen mi a mí por de mal sén,
mia sennor, por esto tever,
direi-ll’eu que faça por én:
non faç’assi se non quiser,
ca ja eu sempre guardar-m’-ei
d’aver máis ben do que oj’ei
se per vosso mandado non.
E Deus nunca me neun ben
dé se ende a vós non prouguer,
ca non fara per nulla ren
se o ante eu saber poder,
ca de tal ben eu guardar-m’-ei
e con mia cuita me querrei
compõer con meu coraçon.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 

Manuscritos


A 8, B 98

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 19-20 [= LPGP 949]); Littera (2016: II, 538).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 35); Carter (2007 [1941]: 6); Marques Braga (1945: 18-20); Machado & Machado (1949: I, 133-134); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: I, 71).
III. Antoloxías: Torres (1977: 431-432); Diogo (1998: 29-30).

Variantes manuscritas


1 me] mj B   2 querria] queiria B   6 per-éste pora mí] per est peramj B   7 poi-l’eu] poys lheu B; me] mj B   8 seede ora] sseedora B   9 vos] uus A   10 me] mj B   13 sempre assi] semp̄ssy B   14 foss’én mal] foss(e) en mal A   15 mi a mí] amj̄ B   17 faça por én] faca pʳ eu B   18 faç’assi] faça assi B; quiser] quisser A   19 guardar-m’ei] g̃darmey B   22 neun] nēhū B   23 ende] en̄   24 non] nē A; nulla] nulla B   25 ante eu] anteu B   26 eu] om. B; guardar-m’ei] g̃darmey B   27 cuita] coyta B   28 compõer] cōpoer A

Variantes editoriais


6 per-éste] per est’é Michaëlis; pora] pera Littera   8 seede ora] seed(e) ora Michaëlis : seed’ora Littera   9 vos] vus Michaëlis   13 sempre assi] sempr(e) assi Michaëlis : sempr’assi Littera   14 vos] vus Michaëlis   22 neun] nẽum Littera   23 dé se ende a] dê se end(e) a Michaëlis : dê se end’a Littera   25 ante eu] ant(e) eu Michaëlis : ant’eu Littera   27 cuita] coita Littera

Paráfrase


(I) De grado querería saber, miña señora, así Deus me valla, se sentides algún pracer por todo o mal que me facedes, porque, se sentides pracer con iso, moito ben recibo eu diso: mais como o eu non sei, de que me vale? 

(II) E sabede agora o que vos eu quero dicir: que, se a vós iso vos agradase, me sería moito mellor recibir sempre mal de vós que desa forma recibir xa sempre ben de vós se iso vos prexudicase. 

(III) E quen a min, miña señora, por esta causa me tiver por insensato, direille eu o que ha de facer: non o faga así se non quixer, porque eu sempre evitarei ter máis ben do que hoxe teño se non é polo voso mandado. 

(IV) E Deus nunca me dea ningún ben se iso a vós non vos agrada, o que non fará de ningún xeito se eu o puider saber antes, pois eu de tal ben me privarei e coa miña coita quererei chegar a un acordo co meu corazón.

Métrica


Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8a 8b 8c 8c 8d (= RM 106:4)

Encontros vocálicos: 8 se·e·deora; 13 sempreassi; 15 mia; 23 endea; 25 anteeu

Notas


Texto
  • 1

    Nótese que esta cantiga comparte incipit e inicio do texto con outra cantiga de Pero Garcia Burgales:
              Se Deus me valla, mia senhor,
              de grado querria seer (182.1-2).

  • 6

    A edición de Michaëlis fixa unha segmentación imposíbel desde calquera punto de vista, xa que a partícula per- é preverbal (véxase Ferreiro 2008a: 68).

    Independentemente de que <este> sexa a forma verbal éste (P3 do presente indicativo de seer) ou a suma do demostrativo este co verbo é (est’é), é moi frecuente en B (vs. A) a aparición de <est>, aparente latinismo, con ausencia de vogal final e a consecuente hipometría versal. Véxanse 65.4, 89.27, 182.26, 197.18, 302.21, 317.2, para alén daqueles casos en que éste aparece en cantigas transmitidas só polos apógrafos italianos: 184.15, 204.18, 207.11, 464.24, 714.9, 854.12, 993.20, 1075.4, 1456.12, 1625.1, 1652.2 e 1667.17. Véxase Ferreiro (2008a).

    Canto á forma preposicional pora, en face de pera, é, en liñas xerais, minoritaria na lingua medieval e, en particular, na poesía profana galego-portuguesa, pois só presenta outras dúas ocorrencias (61.3 e 1517.4).

  • 18

    No Cancioneiro da Ajuda detéctanse algúns casos de confusión de sibilantes, probabelmente un fenómeno gráfico sen transcendencia fonolóxica. Igual que <quisser> neste verso, véxanse outras formas como <dessamar> desamar (66.21), <dessamparado> desamparado (317.21), <oussasse> ousasse (268.2, 275.4308.11, 313.8 e 346.3 <oussase>) e <oussen> ous’én (268.3), ou as repetidas <guissa> guisa e <guissada> guisada  (72.27, 137.32, 140.1, 2 e 5, 146.19, 147.3, 150.4, 259.18, 409.8, 692.7), <pessar> pesar (90.21, 214.21395.9, 439.4 e 10, 441.6, 12 e 18), <quissesse> quisesse (199.27, 407.10), <quisso> quiso (407.11) e <quisser> quiser (692.13). Véxanse tamén notas a 69.7, 80.10, 88.15 e 89.2.

  • 22

    No Cancioneiro da Ajuda niun é a forma xeral para o indefinido, mais tamén se rexistra neun (fem. neũa); en todos os casos, cando existe copia en BV, a forma nos cancioneiros italianos é nen un (<nen hun ~ nē hū ~ nē hūu...>), agás en 132.1 (<niun> A, <neum> B). De calquera xeito, en textos transmitidos en BV tamén se rexistra a forma feminina neũa en 1267.r1 e 1319.11, xunto coa forma neũu de V en 1007.22).

  • 23

    Igual que <ōn> onde (32.10-1180.18 e 87.21, do mesmo copista), que <ēn> é forma abreviada de ende (59.16, 71.23 do mesmo copista c do Cancioneiro da Biblioteca Nacional, e 482.29 e mais 483.16, do copista b). Ambas as formas abreviadas son case exclusivas de B.

  • 24

    A utilización da grafía <ll> (vs. <lh>) para a lateral palatal sonora no corpus das cantigas só se rexistra esporadicamente nos cancioneiros apógrafos italianos no indefinido nulho/a; noutras voces a súa aparición é un fenómeno extraordinario, pois só se rexistran cinco ocorrencias dese tipo. Cfr. nota a 199.33.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado