I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 140-141 [= LPGP 670-671]); Cohen (2003: 206); Littera (2016: II, 156-157).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 127-128); Braga (1878: 61); Machado & Machado (1953: IV, 13-14).
III. Antoloxías: Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 171); Souto Cabo (2017: 178).
1 -m’oj’un] mouin V 6 pesou] persou V 19 tenho] tēho B : tħo V 20 tornei] toruey B
(I) Un cabaleiro quíxome dicir hoxe, amigas, que me amaba, e prohibinllo eu, e estou certa dunha cousa polo que del puiden percibir: tornou moi triste, e eu ben entendín que lle pesou porque llo prohibín.
(II) Quíxome el dicir, así Deus me perdoe, con moito medo o moito que me ama, e quíxome logo chamar «senhor», e eu prohibinllo e el entón tornou moi triste, e eu ben entendín que lle pesou porque llo prohibín.
(III) Falaba comigo e quíxome falar do moito que el me di que me ama, e eu díxenlle que non lle valía de nada falar diso, e el con gran pesar tornou moi triste, e eu ben entendín que lle pesou porque llo prohibín.
(1) E coido que niso obrei con desmesura porque non lle correspondín en nada.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C + 10c 10c (= Tav 160:179)
Encontros vocálicos: 20 tornei‿i
Repárese na repetición do elemento rimante na fiinda (o adverbio i), situación anómala na métrica trobadoresca. Véxase nota a 14.48-50.