No final da cantiga aparece en BV o que, por erro, constituiría unha nova aparición do refrán: Quelhi perdoasse.
I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 143-144 [= LPGP 273-274]); Cohen (2003: 210); Littera (2016: I, 291-292).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 129); Braga (1878: 62); Machado & Machado (1953: IV, 19-20).
III. Antoloxías: Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 54-55); Magalhães (2007: 93).
5 perdoasse] pdoasse B 20 dereito] deʼyto V 26 enton] eutō B
En Nunes as dúas fiindas aparecen dispostas como unha nova estrofa co correspondente refrán reintegrado.
3 cuitado] coitado Nunes 5 que lhi perdoasse, non quix] que lhi perdoass’, e non quis Littera 8 mi] me Nunes 10 veo] vẽo Cohen 11 que lhi perdoasse, non quix] que lhi perdoass’, e non quis Littera 16 [eu] fezess’e, por Deus] fezesse [eu] por Deus Nunes : [eu] fezesse, por Deus Littera 17 que lhi perdoasse, non quix] que lhi perdoass’, e non quis Littera 21 vẽo] veo Littera 23 que lhi perdoasse, non quix] que lhi perdoass’, e non quis Littera
(I) Amigas, cando un día o meu amigo se foi de aquí, aínda que eu o vin coitado e el antes me rogou moito que lle perdoase, non quixen, e fixen mal porque non o fixen.
(II) E teño pavor a que se vaia lonxe de aquí, así Deus me perdoe, e farao con moita razón, pois veume antes rogar que lle perdoase: non quixen, e fixen mal porque non o fixen.
(III) El chamábame luz dos seus ollos e seu ben e seu mal, e non o facía por outra cousa, para que eu o fixese e, por Deus, que lle perdoase: non quixen, e fixen mal porque non o fixen.
(IV) E se por iso o perdín, nunca vin unha razón máis xusta, pois veu chorar ante min e díxome o que vos direi, que lle perdoase: non quixen, e fixen mal porque non o fixen.
(1) E sempre diso me arrepentirei porque daquela non lle perdoei, (2) pois, se eu lle perdoase alí, nunca el se iría de aquí.
Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8b 8a 8C 8C + 8a 8a + 8b 8b (= RM 160:339)
Encontros vocálicos: 3 mi‿o; 22 -mi‿o
Esta cantiga presenta un refrán que foi incorporado, case literalmente, a unha cantiga escarniña de Don Denis (cfr. 1557.r1-r2):
per que lhi trobasse: non quis,
e fiz mal porque o non fiz.
A intertextualidade entre as dúas composicións (véxase Gonçalves 2016 [1992]: 222-225) aínda vai máis lonxe, pois a cantiga dionisina tamén presenta dúas fiindas, ambas coas mesmas rimas -ei e -i de Estevan Travanca.
Neste sentido, a edición de Nunes é errada (as rimas indican o carácter de fiindas), seguramente condicionada polo inicio do refrán que por lapso de copia aparece nos manuscritos tras o verso derradeiro (véxase tamén Gonçalves 2016 [1992]: 223-224).
O refrán desta cantiga presenta a mesma rima defectuosa (fiz - quix)1 que a cantiga 698 (vv. 5-6), que di respecto a unha nivelación fonolóxica de sibilantes que non é canónica nas rimas trobadorescas (cfr., tamén, a rima vezes : meses en 1467.8-11, rafez : Ocres en 1610.16-18 e Galiza : Fariza : peliça : liça en 1635.18-24). Cfr. notas a 206.4-6, 383.19-20, 427.5-6, 453.5-6 e 1118.10-12.
Por outra banda, é posíbel a segmentación da conxunción copulativa (realizada na edición de Littera) no primeiro verso do refrán, que non modifica semanticamente o texto, embora sintacticamente non encaixe ben no contexto da primeira estrofa:
Amigas, quando se quitou
meu amig’um dia daqui,
pero mi o eu cuitado vi
e m’el ante muito rogou
que lhi perdoass’, e nom quix,
e fiz mal porque o nom fiz.
Xa Lapa considerou «infeliz» a interpolación de eu realizada por Nunes (Lapa 1982: 165), que propuña substituír por unha copulativa: e que o fezesse, por Deus ou que o fezesse, e por Deus. Porén, a opción de Cohen coa interpolación de eu onde non hai posibilidade de sinalefa e coa segmentación da copulativa en fezess’e (que Littera non realiza) resolve satisfactoriamente a hipometría e o sentido do verso.
A correcta disposición das dúas fiindas, fronte á súa conversión nunha nova estrofa tal como Nunes editou a cantiga, foi proposta por Elsa Gonçalves (2016 [1992]: 223-224).
Na realidade, nesta época a distinción entre sibilantes en posición final podería estar xa neutralizada.