I. Edicións críticas: Nobiling (2007 [1907]: 98-99 [= LPGP 443]); Nunes (1973 [1928]: 170-171); Lopes (2002: 178); Cohen (2003: 244); Littera (2016: I, 526).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 138); Braga (1878: 68); Machado & Machado (1953: IV, 63-64); Domingues (1992: 53); Cohen (1996: 15).
III. Antoloxías: Cidade (1941: 61-62); Tavares (1961: 58); Torres (1977: 313); Gonçalves & Ramos (1983: 155); Jensen (1992: 160); Alonso Girgado (1992: 76); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 103); Arias Freixedo (2003: 487-488); Magalhães (2007: 96); Mongelli (2009: 107).
3 morre] moire B 6 ensandecer] effandecer B 7 Et chora muyco efilhassa intar B 8 qwe sanden eq̄rine fazer fiz B 9 morr’, e, pois morrer] moire poix moirer B 13 vejamos] ueia mus V 15 morrestes] mo irestes B 17 ca] la B 20 morre] moire B; morrer] moiter B
2 perd[e] o sén] perd’ o [seu] sen Nobiling : perd[eu] o sen Cohen : perd’o [seu] sem Littera 6 nen o] nẽ-no Nobiling 8 fis] fiz Lopes 12 nen o] nẽ-no Nobiling 14 veer] vẽer Nobiling 16 de] do Lopes 17 lhi] lh’eu Nobiling, Nunes, Lopes, Cohen, Littera 18 nen o] nẽ-no Nobiling
(I) Cada vez que vén aquí o meu amigo dime, ai amigas, que perde a razón por min e di que morre (esperando) polo meu ben; mais eu penso que non é así como di, pois nunca lle vexo sufrir morte nin tampouco o vexo nunca ensandecer.
(II) El chora moito e comeza a xurar que está louco, e quere convencerme de que morre por min, e, pois non quixo morrer, sei eu moi ben que non ten outra cousa que facer, pois nunca lle vexo sufrir morte nin tampouco o vexo nunca ensandecer.
(III) Vexamos agora o que nos dirá, cando viñer vivo e non for sen xuízo; direille eu tamén: «Non morrestes de amor!»; mais ben pode esquecerse de tratar comigo, pois nunca lle vexo sufrir morte nin tampouco o vexo nunca ensandecer.
(1) E xa nunca máis me fará crer que por min morre, agás se morrer.
Esquema métrico: 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 106: 112)
Encontros vocálicos: 6 nunca‿ensandecer; 7 muito‿e; 12 nunca‿ensandecer; 18 nunca‿ensandecer
Na obra de Joan Garcia de Guilhade é habitual que se trivialicen ou neguen algúns dos tópicos e normas máis frecuentes e serios dos xéneros amorosos. Neste caso a loucura e a morte por amor: perante a insistencia do amigo en que perde a razón e morre de amor por ela, a rapariga manifesta con grande ironía o seu escepticismo. E conclúe categoricamente na fiinda afirmando que só crerá que o amigo morre por ela cando realmente o vexa morto.
Por outra banda, nesta cantiga de amigo, como noutras do autor, estabelécese un diálogo coas cantigas de amor, onde estes dous tópicos son case obrigados e tratados case sempre con seriedade, e dáse outra perspectiva menos dramática dos mesmos.
Para resolver a hipometría versal, restauramos a vogal final da forma verbal, sen introdución do determinante posesivo por que optou Nobiling e Littera (perd’o [seu] sen) ou a modificación do tempo verbal de Cohen (perd[eu] o sén; cfr. morre no v. 3), a partir do feito de que sén aparece en numerosas ocasións sen o determinante posesivo e de que non é sistemática a sinalefa en tales contextos fonéticos.
A perífrase filhar-se + a + infinitivo é unha perífrase modal incoativa, de inicio de acción, con diversas ocorrencias na lingua dos trobadores, en xeral co verbo chorar nas cantigas dos xéneros amorosos. Cfr., por exemplo, viu-me chorar e filhou-s’a chorar (1222.6).
A pesar da grafía de B, coidamos que <poix> non representa a moderna palatalización lusitana, senón que se trata dun erro <x>/<s> de copia, que se rexistra máis veces, especialmente no copista b do Cancioneiro da Biblioteca Nacional, mais tamén no copista do Cancioneiro da Vaticana. Véxase nota a 18.8.