805 [= RM 114,11]
Muitos dizen con gran coita d’amor

Muitos dizen con gran coita d’amor
que querrian morrer e que assi
perderian coitas; mais eu de mí
quero dizer verdad’a mia senhor:
queria-me-lh’eu mui gran ben querer,
mais non queria por ela morrer
com’outros morreron; e que prol ten,
ca, des que morrer, non a veerei
nen bõo serviço nunca lhi farei?
Por end’, a senhor que eu quero ben
queria-me-lh’eu mui gran ben [querer,
mais non queria por ela morrer]
com’outros morreron no mundo ja,
que depois nunca poderon servir
as por que morreron nen lhis pedir
ren; por end’, a que m’estas coitas dá
queria-me-lh’eu [mui gran ben querer,
mais non queria por ela morrer],
ca nunca lhi tan ben posso fazer
serviço morto como se viver.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


B 809, V 393

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 242-243); Cunha (1999 [1945]: 105-106); Monteagudo (1984: 321 [= LPGP 716]); Littera (2016: II, 213-214).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 148); Braga (1878: 74); Cotarelo Valledor (1934: 183-184); Machado & Machado (1953: IV, 109-110).
III. Antoloxías: Varela Jácome (1953: 43); Spina (1972: 327); Jensen (1992: 250); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 164); Magalhães (2007: 119); Fidalgo (2009: 62).

Variantes manuscritas


2 querrian morrer] queiriam moirer B   6 morrer] moireR B   7 morreron] moirerō B   8 des] đs V; morrer] moirer B   9 serviço] ƥuizo V   13 morreron] moirerō B   15 morreron] moirerō B   16 por end’, a] porende sta B : porendesta V; estas] estes V   17 queria] oaieria V   19 nunca lhi] nūchali V

Variantes editoriais


8 non a] nõ-na Cunha   9 bõo] bom Cunha   10 ben] gram bem Cunha   16 a que m’estas coitas dá] esta que m’estas coitas dá Nunes, Cunha, Monteagudo

Paráfrase


(I) Moitos con gran coita de amor din que quererían morrer e que así perderían as coitas; mais eu quero dicir a verdade á miña señora: quería eu amala moito, mais non quería por ela morrer (II) como outros morreron; e que proveito ten, pois, desde que eu morra, non a verei nin lle poderei prestar un bo servizo? Por iso, a señora que eu amo quería eu amala moito, mais non quería por ela morrer (III) como outros morreron xa antes no mundo, que despois nunca puideron servir aquelas por que morreron nin pedirlles nada; por iso, a que me dá estas coitas quería eu amala moito, mais non quería por ela morrer, (1) pois morto nunca lle podo prestar servizo tan ben coma se vivise.

Métrica


Esquema métrico: 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:188)

Encontros vocálicos: 8 ve·e·rei; 9 bõ͜o

Notas


Texto
  • *

    Esta composición é unha cantiga ateúda atá a fiinda, con ligazón sintáctico-discursiva entre todas as súas estrofas, incluída na relación de cantigas ateúdas confeccionada por Gonçalves (2016 [1993]: 269-270).

  • 9

    Aínda que maioritariamente o adxectivo bõo (ou boo) computa como dúas sílabas métricas (cfr. bon), o mesmo que acontece con sõo ~ soo (vs. son), bõo ~ boo pode ser unisilábico, a pesar da conservadora grafía <bõo> de BV, igual que en 241.10, 464.8, 475.31, 478.8, 724.7, 880.5, 889.9 e 24, 1119.19 e 31, 1174.11, 1393.8, 1448.25, 1587.26, 1594.15 e 1636.24.

  • 16

    A hipermetría que se verifica no texto manuscrito advírtenos dunha moi probábel deturpación no verso: posibelmente nos encontremos perante unha anticipación e repetición da forma esta: <rē porendestamestas coitas da> B, <rē porendestamestes coitas da> V. A partir da emenda esta > a, fica restituída a isometría e reestabelecemos un paralelo perfecto co v. 10: Por end’ a senhor que eu quero ben.

  • 19-20

    Repárese no hipérbato, co deslocamento de morto: «ca morto nunca lhi posso fazer serviço tan ben como se viver».

Buscar
    Non se atopou ningún resultado