I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 248-250); Cunha (1999 [1945]: 111-112); Monteagudo (1984: 349-350 [= LPGP 717-718]); Littera (2016: II, 216).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 149-150); Braga (1878: 75); Cotarelo Valledor (1934: 204-206); Machado & Machado (1953: IV, 118-119).
III. Antoloxías: Spina (1972: 328-329); Alvar & Beltrán (1989: 231); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 166-167); Alvar & Talens (2009: 516-518); Mongelli (2009: 49-50).
1 espedir] ex pedir V 4 de] om. B 6 terra] teira B 7 nen cante] neu tante V 11 o voss’, e assi] ouossaessy B : ouuossassy V 12 cuidando en] cuydando no B : cuidando no V 21 en] eu B; terra] tirā BV 23 muit’ei] muirei V 31 per u] ꝑa V
En Nunes, Monteagudo e Littera os últimos catro versos forman unha única fiinda.
12 cuidando en] cuidando no Nunes, Cunha, Monteagudo, Littera 19 mor’aqui] morr’aquí Monteagudo, Littera 20 min] mi Nunes 27 d’u] hu Nunes 31 per] por Monteagudo
(I) Señora, véñome despedir agora de vós, a quen moito tempo hai que atendín, e agora quero afastarme de vós sen galardón polo tan gran tempo que vos servín, e quero ir vivir en tal terra onde nunca vexa pracer nin cante nin poida rir, (II) pois sei con certeza que, desde que non vos vir, nunca verei outro pracer e calquera mal que teña non o hei de sentir, agás o causado por vós, e así andarei triste coidando na vosa fermosura e chorando moitas veces hei de dicir: «Señora, xa nunca vos podo servir».
(III) E que vai ser do meu corpo, señora, cando el desde alá desexar o voso? E que fará quen vos ten tal amor e vos non vir nin vos puider falar? Pois vos vexo e por vós moro aquí, despois, que farei ou que será de min cando eu non for na terra onde vós fordes?
(IV) Agora coa vosa licenza, a mellor dona do mundo, teño moito que andar e vós ficades por pecadora con respecto a min, porque vos servín moito e non mo quixestes galardoar, e voume de aquí de onde tanto lacerei e servín, buscar onde viva pouco e sen pracer.
(1) E, miña señora, todo isto eu merecín de Deus, mais por como vos servín a vós, (2) irei por onde for sen me avergoñar de nada, agora, coa vosa licenza, miña señora.
Esquema métrico: 4 x 10a 10b 10a 10b 10c 10c 10a + 10c 10c + 10a 10a (= RM 100:12)
Encontros vocálicos: 12 cuidando‿en; 26 mi͜-o
A lección <expedir> de V (cfr. tamén <expedirey> V en 1126.15) mostra a existencia de pegadas da influencia latina (ou pseudolatina) en certas grafías e/ou formas que aparecen con máis ou menos profusión nos cancioneiros: así, por exemplo, <obscuro> V, <oscuro> B (1483.2) ou <dapno> BV (1340.3), entre outras. Cfr. nota a 63.2.
Téñase en conta que aguardar neste contexto significa ‘atender, servir’, en liña con algunha outra pasaxe trobadoresca:
e mi aquel amor fezesse,
por que a sempr’aguardei (48.11);... e por én rogador
foi log’a Deus, ca teve por melhor
de guardar a El ca o que aguardou (1523.11);Ben sabedes, senhor rei,
des que fui vosso vassalo,
que sempre vos aguardei,
que a pee que de cavalo,
sen voss’aver e sen dõa (1551.3).
A voz camanho, que ten un significado conforme á súa orixe no lat. quam magnum ‘que grande, tan grande’, funciona como un adxectivo cualificativo na lingua medieval, e nunha ocasión forma estrutura correlativa con tamanho (< tam magnum):
Non creo que tamanho ben
mi vós podessedes querer
camanh’a mí ides dizer (594.7-9).
É frecuente encontrar no corpus o adxectivo triste, aplicado ao trobador ou ao amigo, seguido dun xerundio de cuidar/coidar ou de chorar; é por isto que é posíbel unha dupla solución: trist’e cuidando vs. triste cuidando. Nestes contextos (véxase tamén 196.3, 1136.r1, 1198.2), a non segmentación achega maior ambigüidade expresiva e, por tanto, máis posibilidades interpretativas.
Por outra parte, a lección dos manuscritos levaría para un texto hipermétrico (triste cuidando no vosso parecer), tal como os editores precedentes mantiveron. Porén, a existencia do erro <no>/<en> (véxase 1300.17 <en> N, <no> BV), así como un contexto moi similar en Roi Queimado (Cuidand’en vosso mui bon parecer, 247.13) aconsellan a emenda que propomos.
Neste verso é necesaria unha forma verbal ei elíptica: «... e assi andarei / triste cuidando en vosso parecer / e chorando muitas vezes (ei) dizer: / ...».
O pronome vós é CD sen preposición, tal como adoita acontecer coas formas pronominais tónicas oblicuas na lingua trobadoresca.
Nótese como <tirā> é unha grafía enganosa de terra, a partir de <ir> = <rr> e o deslocamento da abreviatura de <e>.
A fórmula con graça (de vós), tamén no v. 32, e mais con (vossa) graça (47.1 e 281.7) serve para pedir licenza ao interlocutor, asociándose sempre ao acto de despedida da senhor, igual que nas Cantigas de Santa Maria:
e, com’ era costumada,
na ygreja se meteu
e à omagen correu
por se dela espedir.
E ficando os gẽollos,
disse: «Con graça, Sennor» (CSM 59.62).
De calquera maneira, a presenza do posesivo é rara, pois só a achamos en 47.1 e mais en con minha graça na tradución galega da Crónica de Castilla e da Estoria de España: et que vaades cõ mjna graça (Lorenzo 1975: I, 431).