I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 255-256); Cunha (1999 [1945]: 117); Monteagudo (1984: 319 [= LPGP 718]); Littera (2016: II, 226-227).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 151); Braga (1878: 76); Cotarelo Valledor (1934: 181-182); Machado & Machado (1953: IV, 126-127).
8 mía] mja B : mia V 9 vos] uos BV; mi aven] mhi uē V 10 maravilh’é] mā ra uilhe V 11 moir’] Mayr B : mair V 12 Deus] ds B
4 como desej’ a noite o dia] como desej’a noit’e o dia Nunes, Littera : como desej’a noyt’e o dia Cunha : como desei’a noyte o día Monteagudo 5 afan] afã Littera 10 maravilh’é-m’én] maravilho-m’en Nunes : maravilho-m’en Cunha, Littera : marauílhom’én Monteagudo 13 sofri] sofr’y Nunes : sofr’i Cunha, Littera
(I) Por Deus, señora, de boa gana quería unha cousa de vós, se Deus quixese: que eu non desexase o voso ben tanto como a noite desexa o día, polo moito afán que eu sufro e sufrín por vós, señora, e desde hoxe para sempre podo entender que niso fago unha loucura.
(II) E xa que a miña ventura non quere que vos apiadedes do mal que me vén por vós, señora, e é para min unha marabilla (o feito de que) non morro e debía morrer, por iso rogo a Deus, que sabe a coita que por vós sufrín, que me valla niso; se non, máis me valería a miña morte.
Esquema métrico: 9’a 10b 10b 9’a 10c 10c 9’a (= RM 161:222)
Encontros vocálicos: 9 mi‿aven
Sendo posíbel a formulación do verso tal como foi presentado nas primeiras edicións, propomos a lectura (xa implícita en Monteagudo) que considera noite como suxeito de deseja; isto é, ‘... eu querería non desexar o voso coa mesma intensidade con que a noite desexa o día’.
Non existe ningunha outra ocorrencia no corpus da forma posesiva tónica mía, que aparece sen rastro de nasalidade (cfr. minha), moi probabelmente condicionada pola rima con devia (v. 11), dun modo similar ao que acontece coa forma (tamén única) uu (cfr. ũu) na secuencia rimática mu - nen uu - cuu en Gonçal’Eanes do Vinhal (1410.2, 4, 7).
A unánime lectura maravilho-m’én (Nunes, Cunha, Monteagudo, Littera) é produto dunha intervención editorial na lección <maraujlhemē> B, <marauilhemē> V, que considera unha troca da vogal <o> por <e> no processo de copia. Tal lectura non ten en conta a posibilidade dunha segmentación diversa, que evite a emenda da lección manuscrita. Aínda que resulta un tanto anómala a concentración de sílabas tónicas, debe considerse que un sintagma similar se rexistra en Lopo Lias (cfr. e pesa-m’én e é-m’én mal, 1358.r1) e por Gil Perez Conde (é-m’én mal, 1538.10), co significado de ‘sinto mal por iso ‘que correspondería, no nosso contexto, a ‘sinto marabilla por iso’ (véxase Ferreiro 2016d: 56-57).
Aliás, a expresión con én semella un eco doutra cantiga de Charinho (cfr. 812.3), neste caso co verbo maravilhar:
Oi eu sempre, mia sennor, dizer
que peor é de sofrer o gran ben
ca o gran mal, e maravillo-m’ én,
e non o pude nen posso creer.
A segmentación de i que realizan Nunes, Cunha e Littera en sofr’i non é pertinente: suporía a repetición da palabra rimante na estrofa, pois no verso anterior xa aparece como tal o adverbio i.