814 [= RM 114,14]
Par Deus, senhor, de grado queria

Par Deus, senhor, de grado queria,
se Deus quisesse, de vós ũa ren:
que non desejas[s]’eu o vosso ben
como desej’a noite o dia,
por muit’afan que eu sofr’e sofri
por vós, senhor, e oimais des aqui
poss’entender que faç’i folia.
E pois non quer a ventura mía
que vos doades do mal que mi aven
por vós, senhor, e maravilh’é-m’én
como non moir’, e morrer devia,
por én rog’a Deus que me valha i,
que sab’a coita que por vós sofri;
se non, mia morte máis me valria.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 

Manuscritos


B 818, V 402

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 255-256); Cunha (1999 [1945]: 117); Monteagudo (1984: 319 [= LPGP 718]); Littera (2016: II, 226-227).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 151); Braga (1878: 76); Cotarelo Valledor (1934: 181-182); Machado & Machado (1953: IV, 126-127).

Variantes manuscritas


8 mía] mja B : mia V   9 vos] uos BV; mi aven] mhi uē V   10 maravilh’é] mā ra uilhe V   11 moir’] Mayr B : mair V   12 Deus] ds B

Variantes editoriais


4 como desej’ a noite o dia] como desej’a noit’e o dia Nunes, Littera : como desej’a noyt’e o dia Cunha : como desei’a noyte o día Monteagudo   5 afan] afã Littera   10 maravilh’é-m’én] maravilho-m’en Nunes : maravilho-m’en Cunha, Littera : marauílhom’én Monteagudo   13 sofri] sofr’y Nunes : sofr’i Cunha, Littera

Paráfrase


(I) Por Deus, señora, de boa gana quería unha cousa de vós, se Deus quixese: que eu non desexase o voso ben tanto como a noite desexa o día, polo moito afán que eu sufro e sufrín por vós, señora, e desde hoxe para sempre podo entender que niso fago unha loucura.

(II) E xa que a miña ventura non quere que vos apiadedes do mal que me vén por vós, señora, e é para min unha marabilla (o feito de que) non morro e debía morrer, por iso rogo a Deus, que sabe a coita que por vós sufrín, que me valla niso; se non, máis me valería a miña morte.

Métrica


Esquema métrico: 9’a 10b 10b 9’a 10c 10c 9’a (= RM 161:222)

Encontros vocálicos: 9 miaven

Notas


Texto
  • 4

    Sendo posíbel a formulación do verso tal como foi presentado nas primeiras edicións, propomos a lectura (xa implícita en Monteagudo) que considera noite como suxeito de deseja; isto é, ‘... eu querería non desexar o voso coa mesma intensidade con que a noite desexa o día’.

  • 7

    Nótese neste verso a presenza do provenzalismo folia, maioritario no corpus trobadoresco profano fronte ao minoritario loucura (117.9, 360.5, 772.15, 1326.21, 1410.17, 1451.13, 1575.24).

  • 8

    Non existe ningunha outra ocorrencia no corpus da forma posesiva tónica mía, que aparece sen rastro de nasalidade (cfr. minha), moi probabelmente condicionada pola rima con devia (v. 11), dun modo similar ao que acontece coa forma (tamén única) uu (cfr. ũu) na secuencia rimática mu - nen uu - cuu en Gonçal’Eanes do Vinhal (1410.2, 4, 7).

  • 9

    Nótese o uso de doades, que, xunto con doa (548.6) e doades (746.10), representa o uso das formas máis conservadoras, fronte a doia, con [j] antihiático (que se acabou consolidando en galego), forma xa presente en 189.10 e 522.r.

  • 10

    A unánime lectura maravilho-m’én (Nunes, Cunha, Monteagudo, Littera) é produto dunha intervención editorial na lección <maraujlhemē> B, <marauilhemē> V, que considera unha troca da vogal <o> por <e> no processo de copia. Tal lectura non ten en conta a posibilidade dunha segmentación diversa, que evite a emenda da lección manuscrita. Aínda que resulta un tanto anómala a concentración de sílabas tónicas, debe considerse que un sintagma similar se rexistra en Lopo Lias (cfr. e pesa-m’én e é-m’én mal, 1358.r1) e por Gil Perez Conde (é-m’én mal, 1538.10), co significado de ‘sinto mal por iso ‘que correspondería, no nosso contexto, a ‘sinto marabilla por iso’ (véxase Ferreiro 2016d: 56-57).
    Aliás, a expresión con én semella un eco doutra cantiga de Charinho (cfr. 812.3), neste caso co verbo maravilhar:
              Oi eu sempre, mia sennor, dizer
              que peor é de sofrer o gran ben
              ca o gran mal, e maravillo-m’ én,
              e non o pude nen posso creer.

  • 13

    A segmentación de i que realizan Nunes, Cunha e Littera en sofr’i non é pertinente: suporía a repetición da palabra rimante na estrofa, pois no verso anterior xa aparece como tal o adverbio i.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado