I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 206-207); Majorano (1979: 123 [= LPGP 968-969]); Cohen (2003: 278); Littera (2016: II, 516).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 152-153); Braga (1878: 77); Machado & Machado (1953: IV, 132).
III. Antoloxías: Torres (1977: 376); Jensen (1992: 374).
2 o voss’amigo] ouass amigo B 13 verria] ueiria B 17 nunca mi-o] nūchamo V
1 Por] Par Nunes 7 vos] vus Majorano 9 e veredes coita[d’ome]] e veredes [sa gran] coita Nunes : e veredes coita [d’ome] Majorano : e ve-l[o] edes coit’aver Cohen : e [o] veredes coita[do] por en Littera 10 vos] vus Majorano 16 vos] vus Majorano
(I) –Por Deus, amiga, probade un día a asañarvos co voso amigo, e veredes un home andar coitado.
–Ai amiga, que mal consello é ese, xa que sei isto, abofé, moi ben: que el morrería decontado.
(II) –Amiga, aconsellaríavos dicirlle que non vos importa nada, e veredes tristura de home por iso.
–Non mo digades, así Deus vos perdoe, pois sei eu xa polo seu corazón moi ben que el morrería decontado.
(III) –Amiga, non lle faría mal se lle dicides iso por (amor a) min: que non dades nada por el desde este momento.
–Por Deus, amiga, non vos crerei, nin vós nunca digades isto, pois sei moi ben que el morrería decontado.
Esquema métrico: 3 x 9’a 10b 10b 10c 10c 9’A (= RM 189:30)
Encontros vocálicos: 10 mi͜-o; 17 mi͜-o
Na poesía trobadoresca galego-portuguesa é moi frecuente o encontro dos pronomes vos e lhe (ou lhi) polo frecuente uso de vos como dativo ético. Este encontro resólvese coa asimilación da consoante alveolar á lateral palatal (106.14, 135.7, 142.13, 216.18, 254.16, 393.15, 490.13, 562.11, 722.16, 767.2, 971.17, 1121.18, 1648.12), coa única excepción de 1388.8. Idéntico resultado se encontra nas Cantigas de Santa Maria (CSM 135.69, 151.38, 203.4, 265.102), mesmo algunha vez na secuencia pois + lle:
e poy-ll’ ouveron comprada, un dia ante da luz
moveron do porto Dovra (CSM 35.115);e poi-ll’ alçaron a mesa, foi catar logo correndo
logar en que o fezesse (CSM 45.37);foi enton ela moi leda poi-ll’ el diss’ onde vẽera (CM 55.72).
A omisión de dúas sílabas neste verso foi resolvida con diferentes propostas en todos os precedentes editores: e veredes [sa gran] coita (Nunes); e veredes coita [d’ome] (Majorano); e ve-l[o] edes coit’aver (Cohen); e [o] veredes coita[do] por en (Littera). A nosa proposta baséase na presenza de ome coitado no v. 3, que evita intromisións excesivas no verso, atendendo, ademais, á similar estrutura de ambos os dous.
Nótese a variación de resultados que ofrece o encontro dos pronomes mi mais o, coa solución mi-o en B fronte á crase mo en V, diverxencia que achamos noutras pasaxes do corpus: 239.18 (<mia> A vs. <ma> B), 306.10 (<mia> A vs. <ma> B), 984.14 (<mio> A, <mho> mi-o AV’ vs. <mo> B’), 1321.11 (<mha> B vs. <ma> V), 1368.15 (<mho>B vs. <mo >V), 1633.25 (<ma B> vs. <m\h/a> V).
En calquera caso, esta dupla posibilidade de resultados no encontro dos pronomes me~mi + a(s)/o(s) lembra a diverxencia mia / ma da forma posesiva nalgunhas pasaxes. Cfr. nota a 609.1.