866 [= Tav 14,14]
Que muito m’eu pago deste verão

Que muito m’eu pago deste verão
por estes ramos e por estas flores
e polas aves que cantan d’amores,
por que ando i led’e sen cuidado;
e assi faz tod’omen namorado:
sempre i anda led’e mui loução.
Cand’eu passo per algũas ribeiras,
so bõas arvores, per bõos prados,
se cantan i passaros namorados,
log’eu con amores i vou cantando
e log’ali d’amores vou trobando
e faço cantares e[n] mil maneiras.
[E] ei eu gran viç’e grand’alegria
quando mi as aves cantan no estio.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 

Manuscritos


B 872, V 456

Edicións


I. Edicións críticas: Tavani (1993 [1963]: 94 [= LPGP 126-127]); Littera (2016: I, 124-125).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 169); Braga (1878: 86); Machado & Machado (1953: IV, 204); Fernández Pousa (1954: 25).
III. Antoloxías: Varnhagen (1872: 16-17); De la Iglesia (1886: III, 36); Nunes (1973 [1928]: I, 221-222); Nemésio (1961 [1949]: 146-147); Varela Jácome (1953: 18-19); Landeira Yrago (1975: 119); Torres (1977: 442); Correia (1978: 206); Pena (1990: 60); Jensen (1992: 24); Delgado León (1996: 85); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 27).

Variantes manuscritas


2 e] et B   3 e] et V; cantan] tantā BV   5 e assi] et asy V   6 sempre i] senpry V   7 passo] rasso V   8 bõos] boās BV   9 cantan] tantā BV   10 amores] amoreꝯ B   12 e] et BV; faço] faco B : fazo V; e[n]] et B : τ V   13 grand’] grad V   14 cantan] tantā B : tātā V; no] nō V

Variantes editoriais


13 [E] ei eu gran viç’] Ei eu gran viç[o] Tavani : Hei eu gram viç[o] Littera   14 mi as] mias Tavani

Paráfrase


(I) Canto pracer eu sinto deste verán por estes ramos e por estas flores e polas aves que cantan de amores, polo que ando alí (nese tempo) ledo e sen preocupacións; e así fai todo home namorado: sempre alí (nese tempo) anda ledo e louzán.

(II) Cando eu paso por algunhas ribeiras, baixo boas árbores, por bos prados, se alí cantan paxaros namorados, logo eu con amores alí vou cantando e logo alí de amores vou trobando e fago cantares en mil maneiras.

(1) E sinto gran gozo e grande alegría cando as aves me cantan no estío.
 

Métrica


Esquema métrico: 2 x 10’a 10’b 10’b 10’c 10’c 10’a + 10d 10e (= Tav 189:25)

Encontros vocálicos: 14 mi‿as

Notas


Texto
  • *

    O máis probábel é que esta cantiga sexa unha composición incompleta, a pesar de o dístico final ter un aparente carácter conclusivo. Mais a rima destes dous versos, non só soltos mais tamén sen correspondencia con outras rimas das estrofas, indica que forman parte dunha terceira estrofa inconclusa, pois como fiinda constituirían un caso irregular.
    Esta cantiga de amor é única polo ton positivo en que se expresa a voz poética. Certamente, esta alude a elementos da natureza como as flores, os ramos, os prados e os paxaros que cantan de amor, o que nos remite ao exordio primaveral característico da cansó occitana. Alén diso, a voz poética identíficase con toda esa ledicia que ve e escoita ao seu redor, e, movido por ela, o protagonista sente tamén o desexo de cantar e de compor cantigas de amor de mil maneiras. Faino, ademais, dicindo que iso é o que fai tod’omen namorado: / sempre i anda led’e mui loução.
    Mais esta afirmación non se cumpre nas cantigas de amor, na maioría das cales a actitude do protagonista namorado é radicalmente oposta, pois para el non hai motivo de alegría, senón de sufrimento, de coita mortal. Por outro lado, ao utilizar o tópico do exordio primaveral, o texto establece un diálogo coa coñecida cantiga de Don Denis Proençaes soen mui ben trobar (nº 541), onde o rei trobador marca distancia cos trobadores provenzais, por estes trobaren só no tempo da flor.

  • 1

    O abrupto inicio da cantiga con que é frecuente no corpus trobadoresco, sempre seguido de muito ~ mui, que confire un carácter exclamativo (‘Canto...!’) ao inicio da composición (196.1, 199.1, 393.1, 407.1, 574.1624.1, 836.1, 942.1, 1023.1, 1040.1, 1173.1, 1397.1), para alén de que se poida tamén considerar que a conxunción inicial introduce un período dependente dun verbo declarativo elíptico, que nalgún texto é claro (253.1, 432.1, 737.1).
    Lémbrese que no período medieval verão significa esencialmente ‘final da primavera, época do bo tempo’ (véxase tamén 551.12), xa que para o concepto de ‘verán’ era utilizada a voz estio.

  • 7

    O grupo latino qu-+á deu como resultado xeral na Idade Media qua-, con manutención do elemento labiovelar, que posteriormente desapareceu na maior parte dos dialectos galegos (quandō > med. quando > gal. cando); porén, xa desde cedo se detectan formas e grafías que confirma a existencia da evolución ‘galega’ desde os primeiros textos (véxanse diversas formas en textos varios no Corpus Galego-Portugués Antigo, s.v. cando). Outrosí, tal forma é presente en obras serodias, moitas delas territorialmente portuguesas: Orto do Esposo (Maler 1964: s.v. quando); Leal Conselheiro (Roberts 1940: s.v. cando), Vida e Feitos de Júlio César (véxase Glossário en Mateus 2010: III, s.v. cando). Mesmo se detectan vacilacións editoriais a respecto de quando ~ cando, como acontece no Livro Português de José de Arimateia, con convivencia de formas como qando e q[u]amdo (Miranda 2016: 180 e 191). Cfr. nota a 1339.6.

  • 12

    A reintegración da preposición en no verso (en face dunha mecánica manutención do texto dos manuscritos: *e faço cantares e mil maneiras) evita atribuír a maneira a acepción de ‘artificio, estilo’, que non encaixa ben no contexto.

  • 13

    É relativamente frecuente a omisión da copulativa inicial de estrofa (e de verso) ou de fiinda nos manuscritos, que nos permite neste caso restaurar a isometría versal (véxanse casos moi similares, por exemplo, en BV en 195.31 e 33 ou 1000.19). Nas edicións precedentes optouse por non reintegrar a copulativa e restaurar a vogal final en viç[o].

  • 13-14

    Nótese que as rimas non se corresponden coas habituais das fiindas, que adoitan recoller as do refrán (cando o houber) ou das da derradeira estrofa. Tal feito indica a posibilidade dunha corrupción textual ou, alternativamente, que estes versos sexan os iniciais dunha estrofa perdida (véxase Lapa 1973: 181).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado