874 [= RM 14,6]
Desfiar enviaron ora de Tudela

Desfiar enviaron ora de Tudela
filhos de Don Ferna[n]do a el-rei de Castela.
E disse el-rei logo: «Ide ala, Don Vela,
desfiade e mostrade por min esta razon:
se quiseren, por cambio do reino de Leon,
filhen por én Navarra ou o reino d’Arangon.
Ainda lhes fazede outra preitesia:
dar-lhes-ei por cambio quanto ei en Lombardia,
e aquesto lhes faço por partir perfia,
e faço gran d[ere]ito, ca meus sobrinhos son:
se quiseren, por [cambio do reino de Leon,
filhen por én Navarra ou o reino d’Arangon].
E veed’ora, amigos, se prend’eu engano
e fazed[e] de guisa que seja sen meu dano;
se quiseren tregoa, dade-lha por ũu ano,
outorgo-a por min, e por eles Don Gaston:
se quiseren, por [cambio do reino de Leon,
filhen por én Navarra ou o reino d’Arangon].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 883, V 466

Edicións


I. Edicións críticas: Tavani (1993 [1963]: 126 [= LPGP 122]); Lapa (1970 [1965]: 117-118); Lopes (2002: 476); Littera (2016: I, 130).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 171); Braga (1878: 88); Michaëlis (2004 [1896-1905]: 318); Machado & Machado (1953: IV, 213-214); Fernández Pousa (1954: 29).
III. Antoloxías: De la Iglesia (1886: III, 30-31); López-Aydillo (1914: 52-53); Álvarez Blázquez (1975: 25-26); Tavares & Miranda (1987: 46-47); Pena (1990: 282-283); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996c: 39).

Variantes manuscritas


2 a el-rei] del Rey B : del rey V   5 cambio] cātho B : tālho V; reino] remo BV; Leon] leonj B   6 filhen] ffilheu B; Navarra] nauaira B; reino] remo BV; d’Arangon] de darāgom V   7 fazede] ffazede(s) V; preitesia] p’itessijā B : p̄itessirā V   8 cambio] cālho BV; quanto] q̄nto V; Lombardia] loubardija B : latibar dira V   9 faço] ffa zo V   10 faço] ffazo V; d[erei]ito] dico BV; ca] ca / ca B; sobrinhos] ssotriħꝯ B   11 por] pro B : p̄e V   13 ora] era V   14 fazed[e] de guisa que seja] ffared deg uissa qiƥ / ia B : ffazed de guisa q̅ / ia V   15 quiseren] quisserem B : quisserē (eo) V; tregoa] cr/egoa B   16 e] et B   17 quiseren] quisser m B : quisser im V

Variantes editoriais


2 a el] el Tavani   4 desfiade e] desfiad’e Littera   6 Arangon] Aragon Lapa : Aragom Lopes, Littera   7 preitesia] preitessia Tavani   10 d[ere]ito] direito Tavani; sobrinhos] sobriñus Tavani   12 Arangon] Aragon Lapa : Aragom Lopes, Littera   14 fazed[e] de guisa] fazed de guisa Tavani : fazed’de guisa Lopes, Littera   15 quiseren] quisseren Tavani; ũu] um Lopes, Littera   17 quiseren] quisseren Tavani   18 Arangon] Aragon Lapa : Aragom Lopes, Littera

Paráfrase


(I) Mandaron agora os fillos de Don Fernando desafiar desde Tudela ao rei de Castela. E dixo o rei logo: «Ide alá, Don Vela, aceptade o desafío e mostrade no meu nome este argumento»: se quixeren, a cambio do reino de León, tomen no seu lugar Navarra ou o reino de Aragón.
(II) Facédelles aínda outra proposta: a cambio do reino de León dareilles canto posúo en Lombardía, e fágolles isto para rematar a disputa, e obro como é debido, xa que son meus sobriños: se quixeren, a cambio do reino de León, tomen no seu lugar Navarra ou o reino de Aragón.
(III) E vede agora, amigos, se son enganado e facede de forma que sexa sen dano para min; se quixeren tregua, dádella por un ano, outórgoa por min, e por eles Don Gastón: se quixeren, a cambio do reino de León, tomen no seu lugar Navarra ou o reino de Aragón.

Métrica


Esquema métrico:3 x 12’a 12’a 12’a 13b 13B 13B (= RM 19:4)

Encontros vocálicos: 1 Des·fi·ar en·vi·a·ron; 2 a‿el-; 3 Ide‿ala; 4 des·fi·a·de‿e; 5 cam·bi͜o; 6 Navarra‿ou; 8 cam·bi͜o quanto‿ei; 11 cam·bi͜o; 12 Navarra‿ou; 13 ve·e·d’ora,‿amigos; 13-14 dano;/‿e 15 tre·go͜a, ũ·u‿a·no; 17 cam·bi͜o; 18 Navarra‿ou

Notas


Texto
  • *

    A orixe da composición reside no “sonado desafío lanzado a Sancho IV polo seu sobriño Alfonso de la Cerda e polo rei de Aragón, Alfonso III. No mes de febreiro de 1289, Sancho recibe en Palencia os dous cabaleiros, un catalán e outro aragonés, encargados da notificación oficial, éncheos de dons e encarga á súa vez a dous cabaleiros casteláns de facer chegar á corte desafiante a súa aceptación” (Tavani 1993 [1963]: 40). Na realidade, o conflito sucesorio entre o fillo primoxénito do infante de la Cerda e o seu tío Sancho comezara xa bastantes anos antes, desde o intre da morte do herdeiro de Afonso X, o infante Fernando de la Cerda, por non estar claro se ao respecto había que aplicar a nova lexislación recollida no Libro de las leyes (Siete Partidas), que favorecía a Afonso, fillo primoxénito do falecido infante Don Fernando, que aínda era un neno, ou a lexislación antiga, que favorecía ao infante Sancho, irmán de Don Fernando. O conflito, con máis ou menos virulencia, prolongouse durante unha década e desembocou en última instancia nunha auténtica guerra civil: nel participaron membros da máis alta nobreza castelá (Haro, Lara, Castro...) e tamén provocou fortes tensións con soberanos doutros reinos (Francia, Aragón...), que querían defender os seus intereses.

  • 1-2

    Os fillos de D. Fernando de la Cerda, primoxénito de Afonso X (1255 - †1275), son Afonso e Fernando, que desfiaron (‘desafiaron’) o rei de Castela, D. Sancho IV.
    Talvez é a frecuencia do sintagma del rei a causa do erro <del>/<a el>, que emendamos conforme o mesmo lapso atestado noutras pasaxes: véxanse, por exemplo, 645.6, onde para a lección a el V presenta <del> (e <A el> en B), ou 1242.20, en que a secuencia e eu a el presenta as leccións <e eu del> B, <et eu a el> V, ou aínda a rúbrica de UC 1344, onde V presenta a lección <del rey> para a el-rei.

    Por outra parte, Tudela é unha importante cidade durante a Idade Media, no sur de Navarra (cfr. Todela en 1348.11 e 17). 

  • 3

    Neste verso aínda existe outra posibilidade de lectura: E disse el-rei: «Logo ide ala, Don Vela.
    Vela Ladrón de Guevara é un importante personaxe vasco-navarro na corte de D. Sancho IV que apoiou inicialmente o infante de la Cerda para despois voltar a Castela.

  • 6

    A forma Arangon do refrán foi repetidamente emendada por diversos editores (Lapa, Lopes, Littera), a pesar da unánime lección dos manuscritos e da existencia desta forma (co xentílico arangoes ~ arãgoes ~ arangões, cfr. CGPA, s.v.) na produción prosística medieval, especialmente na tradución galega da Crónica de Castilla e da Estoria de España (véxase CGPA, s.v. Arangon, Arangom, Arãgõ, Arãgom, Arãgon). Para alén desa obra, tamén se rexistra a variante Arangón nos Miragres de Santiago:

    Et dou terra de Nauara et dos bazquos aos de Bretana et terra de Castela aos françeses et terra de Ná[ge]ra et de Saragoça aos g[r]egos et aos de Pula et terra d' Arangón aos de Pitheus et terra d' Andaluzía, que he cabo do mar, aos alamãas et terra de Purtugal aos de Daçia et de Frandes. [...] A alma del rrey don Alfonso, rrej d' Arangón, que a dou a Santiago, segundo que dizen, folga ennos rrejnos dos çeos. [...] Et do ano que foy começada ata a morte do moy nobre rrey dom Afonso, rrej d' Arangom, (et) ha saseenta et tres anos (cfr. CGPA, s.v.).

  • 8

    A Lombardía, en Italia, apoiaba a candidatura de Afonso X ao Sacro-Imperio.

  • 14

    As leccións dos apógrafos italianos mostran a falta de -e (<ffared> B : <ffazed> V) que debe ser reposto conforme a forma fazede do período, anterior á desaparición de -d- secundario en parte dos territorios galego-portugueses (cfr. a anómala forma fazed derivada da lectura de Tavani e mais Lopes e Littera). A emenda produce un verso hipermétrico aparente, pois deberá considerarse a episinalefa co verso anterior. De calquera modo, fazer de guisa (que) é a forma que alterna con fazer en guisa (que) no período medieval, tal como mostra a súa presenza en diversas obras e textos:

    Pero develo fazer de guisa que nõ nasca ende grand escandalo se devẽ gardar e de qual nõ fezerõ os sanctos padres departimẽto en esta rrazõ (fragmento da Primera Partida; CGPA, s.v.).

    faze de guisa que todos ajam dereyto, assy os grandes como os pequenos, e por rogo nẽ por cobiiça, nõ leixes de fazer justiça (Crónica Geral d’Espanha de 1344; Cintra 1990: IV, 215).

    E nom vos outorgamdo cada hũa das quatro cousas, vos todavia fazee de guisa que ajaaes desembargo da dita comfirmaçom do casamento, em guisa que os moços fiquem legitimos; e quamto he das outras pedidas, nom curees dellas (Crónica de D. João I; Fernão Lopes 1994: 417).

  • 15

    A voz tregoa computa sempre como bisilábica, o mesmo que nas restantes tres composicións en que se rexistra (878.3; 1366.2, 10, 12, 25 e 38; 1387.12).

  • 16

    Gaston VII, visconde de Béarn desde 1229, poderoso señor francés que se tornou vasalo de Afonso X en 1252 e despois apoiou o partido dos infantes de La Cerda durante o conflito sucesorio con D. Sancho IV.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado