I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 292-293); Tavani (1993 [1963]: 131 [= LPGP 123]); Littera (2016: I, 130-131).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 171); Braga (1878: 88); Machado & Machado (1953: IV, 216-217); Fernández Pousa (1954: 29-30).
III. Antoloxías: Pena (1990: 63-64); Jensen (1992: 28).
2 e] et B; lh’ei] lheu B 3 e] et V 4 e] et B; quant’] et qwuc B : q̄n/t V 6 e] et V 7 e] et V 9 molher] molhꝯ V; tan] cā BV 10 e] et V 11 por] poy V 12 e catou] et(*) atrou B 15 vezes] uehes B 16 se coita á] <...>a B : ssecta a V 17 receei] ireceey B; grand’er’á] <...> B 19 lh’o] lha B; enton] encō V 21 e] et V
4 afan] afã Littera 10 dixe] dix(e) Nunes 11 sofro] soffr(o) Nunes 12 me] m(e) Nunes 16 quisque, se coita á] quis que ssé contr’alguen Nunes : quisque[m] se coita há Littera 17 grand’er’á] gran temp’á Nunes 18 vejo] vej(o) Nunes
(I) Falei o outro día coa miña señora e díxenlle o moi grande amor que lle teño e cantas coitas levei por ela e canto afán sufro polo seu amor: ficou sañuda, nunca tanto a vin, e foise e nin sequera quixo ollar para min, e despois nunca máis falei con ela.
(II) Mentres falaba con ela doutras cousas, eu nunca vin unha muller falar tan ben coma ela, e despois de lle dicir a coita e o pesar que por ela sufro, e o moi gran mal, ficou sañuda e olloume con desdén; e desde entón non ousei dicirlle nada nin ela quixo nunca ollar para min.
(III) E moitas veces eu ouvín dicir: «calquera, se ten coita, dálle as costas»; e eu dubidei disto xa hai moito tempo; mais, porque me vexo vivir con coitas, díxenlle o ben que lle quero, e entón censuroume por iso de xeito que nin sequera me quixo falar: e que vai ser de min?
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10b (= RM 163:1)
Encontros vocálicos: 6 -se‿e; 10 dixe‿a coita‿e; 11 sofro,‿e; 12 -me‿en; 18 vejo‿en; 20 -mi͜-o
O pronome cuantificador quisque (‘cada un’) é forma única no corpus das cantigas profanas e, mesmo, da lingua medieval. Porén, tamén minoritaria, a forma quis, sinónima de quisque, presenta dúas ocorrencias nas cantigas (692.13, 1676.19).
En calquera caso, a aparición de quisque é moi probabelmente inducida polos usos latinos; neste sentido, resulta significativa unha pasaxe do Sacramental (século XV):
A segũda pera euitar o pecado da carne segũdo diz o apostollo: Unus quisque habeat suã prouter fornicacionẽ euitãdan. Cada huũ tenha sua molher e cada huũa seu marido por escusar ha fornicaçõ (cfr. CGPA, s.v.).
Nótese a reiterada ausencia de texto na copia de B, que afecta ao substantivo era (‘era, época’), vocábulo escasamente presente na linguaxe poética.