I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 248-249 [= LPGP 708-709]); Cohen (2003: 335); Littera (2016: II, 211-212).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 189); Braga (1878: 99); Machado & Machado (1953: IV, 300); Vieira & Morán Cabanas & Souto Cabo (2015: 118).
III. Antoloxías: De la Iglesia (1886: II, 231-232); Seoane (1941: 91-92); Nunes (1959: 282-283); Landeira Yrago (1975: 110); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 182).
2 soub’eu] Souben B : son ben V 7 rogou] irogou B : iro gou V 13 rogo] irogo B 14 bõa] bona B; ventura] uentea V 16 m’el] mes V
14 ventura ajades] ventur’ajades Nunes
(I) Amiga, eu souben que o voso amigo non mentiría, pois xurara que viría, mais dígovos que ten moito medo de vós porque non veu máis axiña.
(II) E rogoume el que vos vise e que vos dixese este recado: que non era perxuro; e vede que outra cousa me dixo: que ten moito medo de vós porque non veu máis axiña.
(III) E rógovos, ai amiga, así teñades boa fortuna, que llo agradezades moito, pois el rógame que vos diga que ten moito medo de vós porque non veu máis axiña.
Esquema métrico: 3 x 7’a 7’b 7’b 7’a 7’C 7’C (= RM 160:458)
Encontros vocálicos: 14 ventura‿ajades
Obsérvese a concordancia ad sensum pola ausencia da preposición de, frecuente no inicio de moitas composicións: «Amiga, (d)o voss’amigo / soub’eu que non mentiria».
A presenza de -n- na forma manuscrita <bona> é simple indicación gráfica da nasalidade fonolóxica de /õ/ (confirmada neste caso pola lección de V). Así sucede tamén noutras voces que se rexistran esporadicamente, en especial, nos apógrafos italianos (case sempre con unha das documentacións correcta) en <alguna> algũa e <(h)una> ũa, <capaton es> çapatões, <certano> certão, <dona> dõa, <lontano> loução, <lunar> lũar, <mano> mão, <pardonar> perdõar, <poner> põer, <uano> vão, <ueno> vẽo, <uilano> vilão. Sobre estas grafías e as formas do tipo irmana, véxase Ferreiro 2008b.
A frase (que) bõa ventura ajades ten carácter formulario, con diversas atestacións ao longo das cantigas: 139.21, 1141.8, 1558.r1.