947 [= RM 63,24]
Dizen, senhor, que non ei eu poder

Dizen, senhor, que non ei eu poder
de veer ben, e, por vos non mentir,
gran verdad’é, quand’eu alhur guarir
ei sen vós, que non posso ben aver;
mais, mia senhor, direi-vos ũa ren:
pois eu vos vejo, muito vejo ben.
Travan en min e en meu conhocer
e dizen que non vejo ben, senhor,
e verdad’é, seed’én sabedor,
u eu alhur sen vós ei de viver;
mais, mia senhor, [direi-vos ũa ren:
pois eu vos vejo, muito vejo ben].
D’aver ben non me quero eu creer,
e, mia senhor, quero-vos dizer al:
vejo mui pouco, e sei que vejo mal
u non vejo vosso bon parecer;
mais, mia senhor, [direi-vos ũa ren:
pois eu vos vejo, muito vejo ben].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 944, V 532

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 353-354); Rodríguez (1980: 64 [= LPGP 383]); Lopes (2002: 194); Littera (2016: I, 426).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 192); Braga (1878: 101); Gassner (1933: 392-393); Machado & Machado (1953: IV, 312-313); Fernández Pousa (1959: 85).
III. Antoloxías: Arias Freixedo (2003: 427-428); Souto Cabo (2017: 112).

Variantes manuscritas


4 ei] En B : eu V   6 vos] uos BV   7 Travan] Tranā B   8 dizen] dizẽ V   10 u] Ou B : ou V; sen] seu B

Variantes editoriais


4 ei] eu Nunes   10 u eu] se eu Nunes : du eu Rodríguez

Paráfrase


(I) Din, señora, que eu non podo ver ben e, por vos non mentir, é unha gran verdade, cando eu teño que vivir noutro lugar sen vós que non podo ter ben; mais, señora miña, direivos unha cousa: cando vos vexo, moi(to) ben vexo.
(II) Atácanme a min e ao meu entendemento e din que non vexo ben, señora, e é verdade, sede sabedora diso, cando noutro lugar eu teño que vivir sen vós; mais, señora miña, direivos unha cousa: cando vos vexo, moi(to) ben vexo.
(III) Non quero eu crer que hei de recibir ben, e, miña señora, quérovos dicir outra cousa: vexo moi pouco, e sei que vexo mal cando non vexo a vosa fermosa figura; mais, señora miña, direivos unha cousa: cando vos vexo, moi(to) ben vexo.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:81)

Encontros vocálicos: 15 pouco,‿e

Notas


Texto
  • *

    Ao longo da composición, xunto co xogo paronomástico con veer ben (e aver ben) e veer mal, desenvólvese un xogo de expresións antitéticas con veer ben e veer mal, con propositadas ambigüidades expresivas (cfr. veer ben, v. 2; non vejo ben, v. 8; vejo mui pouco, v. 15; vejo mal, v. 15) que culminan no refrán co sintagma muito vejo ben.

  • 2

    A frecuente frase formularia por non mentir, que permite a interpolación de diversos elementos (por vos non mentir, por vos eu non mentir etc.), equivale a outras expresións de certeza, como per bõa fe, de pran etc. Véxase nota a 25.19, 92.6, 113.16.

  • 5

    O primeiro verso do refrán é eco de diversos versos doutras composicións e doutros autores, mais especialmente de 66.20, de Vaasco Fernandez Praga de Sandin: mais, mia sennor, direi-vos ũa ren.

  • 6

    Nótese o propositado hipérbato: muito vejo ben / vejo muito ben.

  • 10

    O sentido da pasaxe non permite moita marxe na emenda da lección <ou> de BV, onde cabe considerar o erro <ou>/<u> (nótese que Rodríguez propón du ‘mentres’), que se rexistra en diversas pasaxes do corpus: u <u> A, <ou> B (83.24), u <u> A, <ou> B (358.13), u <Ou> B, <ou> V (1263.3), adubastes <adoubastes> B, <adubastes> V (1315.11), u <ou> B, <hu> V (1641.24). Deste modo, este u (‘cando’) aparece en paralelo a quando (v. 3) e u (v. 16.): gran verdad’é, quand’eu alhur guarir (v. 3) - u eu alhur sen vós ei de viver (v. 10) – u non vejo vosso bon parecer (v. 16).

     

Buscar
    Non se atopou ningún resultado