976 [= RM 12,3]
Nunca tan gran coita sofri

Nunca tan gran coita sofri
com’ora quando me quitei
de mia senhor e m’espedi
dela; nunca led’ar andei,
mais atanto conort’end’ei:
sei ben ca lhi pesou de mí,
quando m’eu vin e m’espedi
dela, porque lá non fiquei;
coita-m’ora por end’assi
que sol conselho non me sei
senon quanto vos eu direi:
morrer ou tornar u a vi
ben parecer, que nunca assi
outra dona vi nen verei,
nen cobrarei o que perdi,
se a non vir, nen viverei;
mais agora eu me matei
perque d’u ela é seí
outra vez: quando me d’aqui
fui e os seus olhos catei,
sol nen un mal non me senti
e fui logo led’e cantei
e, se a vir, logo guarrei,
ca ja per aquesto guari.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscritos


B 974, V 561

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 394-395 [= LPGP 116]); Littera (2016: I, 116-117); Querido (2016: 138).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 201); Braga (1878: 107); Machado & Machado (1953: IV, 352).

Variantes manuscritas


2 quitei de mia] quyrey (demha) / demha V   6 mí] mj̃ B   8 lá] ala BV   12 morrer] Moirer B   14 nen verei] neu ueirey B   16 nen] nō V   18 perque] p̃ q̅ V   23-24 guarrei, / ca] guareyra B : guarrey / ta V

Variantes editoriais


8 lá] alá Nunes, Littera, Querido   13 parecer] parece Nunes   14 verei] verrei Littera, Querido   15 nen] Non Querido   16 nen] non Nunes : nom Littera   18 perque] porque Nunes, Littera, Querido; seí] sey Nunes : sei Littera   21 nen un] nẽum Littera : nenhun Querido

Paráfrase


(I) Nunca sufrín unha coita tan grande como agora cando afastei da miña señora e me despedín dela; nunca tampouco andei ledo, mais tal é o conforto que teño: sei ben que sufriu mágoa por min, (II) cando eu me vin e me despedín dela, porque non fiquei alí; e agora faime sufrir por iso de tal xeito que non coñezo outro remedio agás o que vos direi: morrer ou tornar a onde a vin (III) tan fermosa, que nunca vin nin verei outra dona así, nin recobrarei o que perdín se non a vir, nin vivirei; mais agora eu mesmo me matei porque saín (da terra) onde ela está (IV) outra vez: cando me fun de aquí e catei os seus ollos non sentín ningún mal sequera e sentinme logo ledo e cantei e, se a vise, logo me recuperaría, pois xa por iso mesmo me mantiven con vida (antes).

Métrica


Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8a 8b 8b 8a (= RM 79:15)

Encontros vocálicos: 13 nunca‿assi

Notas


Texto
  • *

    Nótese o perfecto carácter de cantiga ateúda, con todas as estrofas ligadas sintáctica e semanticamente. No entanto, talvez condicionada pola edición de Nunes con independencia estrófica sistemática na cantiga, Gonçalves non considera esta cantiga como ateuda atá a fiinda (véxase Gonçalves (2016 [1993]: 269-270).

  • 5

    A forma conorto constitúe un provenzalismo, máis utilizado na poesía profana do que a variante patrimonial conforto (véxase Glosario, s.v. conorto, conforto).

  • 8

    Novamente reaparece unha forma ala nun contexto en que a métrica esixe a forma evoluída , tamén presente en diversos contextos. Neste sentido, este mesmo lapso textual encóntrase nunha cantiga dionisina, onde, fronte á correcta lección no refrán da estrofa I (porque é lá meu amigo), aparece ala nos refráns das estrofas II e III, así como no v. 7 (dos que lá son, ca o non sei), onde non é posíbel a sinalefa con que (véxase Ferreiro 2009). Nótese, ademais, como a aparición espuria dun <a>, neste caso favorecido pola dominancia da variante ala, é algo relativamente frecuente no corpus. Así, por exemplo, na cantiga 511, a terceira estrofa presenta unha anómala lección porque a min [<a mĩ> B, <amj̃> V] fazen no segundo verso do refrán, que debe ser emendado por razóns de isometría e, mesmo, de nivelación coas anteriores cobras (porque mi fazen).

  • 14

    No contexto, a forma verei de V (que no corpus concorre con veerei), futuro de veer, é a que ten sentido, en face de verrei (futuro de viir) en B, forma preferida por outros editores.

  • 18

    A pesar do frecuente uso de per, é rara a súa combinación con que na conxunción perque, fronte ao xeral porque (tamén presente neste caso na lección de V, acollida nas leccións precedentes), xa que só se rexistra, para alén desta cantiga, en 39.7, 74.11, 84.4, 150.15, 263.23, 376.6, 1440.44 e 1451.211 .
    No que di respecto á forma seí, do verbo seir, variante de sair, debe facerse constar a tendencia á palatalización de /a/ cando seguido de /í/, tónico ou átono, en liña con outras formas do tipo reinha (véxase Glosario, s.v.) ou einda (véxase Glosario, s.v. ainda).

  1. ^

    Na cantiga 1421 en V tamén aparece a lección porque.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado