977 [= RM 139,1]
Ai amiga, tenh’eu por de bon sén

Ai amiga, tenh’eu por de bon sén
tod’omen que sa senhor gran ben quer,
que lho non entenden per nulha ren
senon a quen no el dizer quiser;
Rodrig’Eanes d’Alvares é tal:
quer-me milhor ca quis om’a molher,
mais non saben se me quer ben se mal.
Maravilho-me como non perdeu
o corpo per quantas terras andou
por min ou como non ensandeceu,
por qual vos dig’o que a min chegou:
Rodrig’Ianes d’Alvares é tal:
des que me viu nunca ren tant’amou,
mais non saben [se me quer ben, se mal].
Non vistes omen tan gran coit’aver
com’el por min á, assi Deus me perdon,
nen por sen[h]or tan gran coita sofrer
com’el sofre á mui longa sazon;
Rodrig’Ianes d’Alvares é tal:
nunca de min parte o seu coraçon,
mais non saben se me quer ben, se mal.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscritos


B 975 + [978b], V 562

No Cancioneiro da Biblioteca Nacional esta composición aparece copiada en dúas partes: a estrofa I ten o número 975, mentres que as estrofas II-III se reproducen tras B 978, isto é, tras o traslado de tres cantigas de Fernan Padron (B 976, 977 e 978). O remate da primeira cobra vai acompañado por unha dobre marca de Colocci, unha cruz, que advirte dun problema na copia, e dun debuxo a modo de flor (un trevo de catro follas?), que se repiten ao remate da transcrición de B 978, vinculando así as dúas partes da cantiga. Neste momento, carecemos de datos para explicar de forma conveniente as razóns de tal proceder, aínda que esta incidencia poida estar relacionada talvez coa parte final da estrofa, xusto co inicio do refrán, en que se rexistra o nome do trobador e que puído marcarse ou ser interpretado como unha razo.

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 299 [= LPGP 882-883]); Ferreiro (1993: 319-320); Cohen (2003: 341); Littera (2016: II, 427).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 201); Braga (1878: 107); Machado & Machado (1953: IV, 353).
III. Antoloxías: Fernández Pousa (1951: 36); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 223).

Variantes manuscritas


2 omen] omeu B   6 milhor] milh̄or B   8 non perdeu] no pendeu B : nō pendeu V   12 Rodrig’Ianes] Rad’guian̄s B : rodg̃ian̄s V   16 á] om. B; Deus] des V; me] mi V   17 nen por sen[h]or] Siē pour senor B : siē põ senō V   19 Rodrig’Ianes] Rod’ gman̄s B : rº ans̄ V   20 nunca] siūca V; parte] prate B; coraçon] coracon B

Variantes editoriais


4 quen no] quen’o Littera   11 dig’o] digo Nunes   12 Ianes] Eanes Nunes, Cohen, Littera   15 Non] Nen Cohen   16 me] mi Nunes, Littera   19 Ianes] Eanes Nunes, Cohen, Littera   20 parte] part’ Nunes

Paráfrase


(I) Ai amiga, considero que é ben xuizoso o home que ama a súa señora, e que ninguén llo sabe de modo ningún, a non ser aqueles a quen llo el quere dicir; Rodrigo Eanes de Alvares é así: quéreme mellor do que quixo ningún home a unha muller, mais non saben se me quere ben ou mal.

(II) Estou marabillada de como non morreu por cantas terras andou por min ou de como non toleou, por iso vos digo a nova que chegou a min: Rodrigo Eanes de Alvares é así: desde que me viu nunca amou a ninguén tanto, mais non saben se me quere ben ou mal.

(III) Non vistes home que tivese tan gran coita como el ten por min, así Deus me perdoe, nin que sufrise tan gran coita por señora como el sofre desde hai moito tempo; Rodrigo Eanes de Alvares é así: nunca aparta o seu corazón de min, mais non saben se me quere ben ou mal.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a10b 10a 10b 10C 10b 10C (= RM 98:1)

Encontros vocálicos: 12 I·a·nes; 16 á,assi; 19 I·a·nes; 20 parteo

Notas


Texto
  • *

    Esta cantiga constitúe unha das escasas mostras de autonominatio no corpus trobadoresco, presente neste caso no refrán, que a intensifica. A técnica é compartillada por Joan Garcia de Guilhade, que a presenta tamén en diversas cantigas (véxanse 757.13, 760.13, 762.11, 768.1, 772.17, 784.10).

  • 5

    Fronte á forma Ianes das restantes ocorrencias do refrán (nivelado en todos os editores en prol de Eanes), neste verso aparece a xeral variante Eanes do apelido do trobador, a formar parte do grupo de cantigas que presentan leves variacións de tipo lingüístico no refrán. Cfr. nota a 27.4.

  • 6

    Aínda que minoritaria, a forma milhor, con pechazón de /e/>/i/ por influencia de consoante palatal (por iode na súa base etimolóxica meliōrem), ten certa presenza na lingua trobadoresca.

  • 11

    Pensamos que debe ser segmentado o artigo en dig’o, de modo que o v. 12 pasa a funcionar como CD de chegou.

  • 19

    Nótese como V aínda achega unha nova variante formal do nome do trobador a partir da lección <rº añs>: Rodrigo Anes.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado