978 [= RM 45,3]
Se vos prouguess’, Amor, ben me devia

Se vos prouguess’, Amor, ben me devia
cousimento contra vós a valer,
que mig’avedes fillada perfia
tal que non sei como possa viver
sen vós, que me teedes en poder
e non me leixades noite nen dia.
Por esto faz mal sén quen s’en vós fia
com’eu, que ouvera end’a morrer
por voss’amor, en que m’eu atrevia
muit’, e cuidava convosc’a vencer
a que me vós fezestes ben querer,
e falistes-me u vos mester avia.
E por aquest’, Amor, gran ben seria
se eu per vós podesse ben aver
de mia sennor, ond’eu ben averia
sol que vós end’ouvessedes prazer;
mais vós, Amor, non queredes fazer
nulla ren de quant’eu por ben terria.
E de bon grado ja m’eu partiria
de vós, Amor, se ouvess’én lezer;
mais acho-vos comigo toda via
cada u vou por me vos asconder,
e, pois sen vós non posso guarecer,
se me matassedes ja, prazer-m’-ia.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscritos


A 285, B 976, V 563

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: 567-568 [= LPGP 309]); Littera (2016: I, 339).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 201-202); Braga (1878: 107-108); Carter (2007 [1941]: 167); Machado & Machado (1953: IV, 355);  Montero Santalha (2004); Arbor Aldea (2016b).
III. Antoloxías: Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 68).

Variantes manuscritas


1 Se vos] E uos A; prouguess’] proguess B; me] my B : mi V   2 cousimento] consimento V   7 sén] sseu B   8 que ouvera end’a morrer] ondouuera amoirer B : ondouuera a morrer V   10 vencer] ueer BV   11 me] mj B : mi V   12 falistes-me u] filhastes mu B : filha stes mu V; vos] uos A; avia] au’ya B   13 aquest’, Amor] aquesto BV   15 de] Da B : da V   18 terria] teiria B   19 partiria] parteria BV   20 vós, Amor] uossamor BV; én] eu B   21 -vos] uos A   22 vou] non B; vos] uos A   23 guarecer] garecer B   24 prazer-m’-ia] prazer ma V

Variantes editoriais


5 teedes] tẽedes Michaëlis, Littera   9 por voss’amor] por vos, Amor Michaëlis : por vós, Amor Littera   12 me u] m(e) u Michaëlis : m’u Littera   12 vos] vos Michaëlis   21 vos] vus Michaëlis   22 vos] vus Michaëlis

Paráfrase


(I) Se vos prouguese, Amor, ben me debía axudar contra vós o bo xuízo, pois tal porfía collestes comigo que non sei como poderei vivir sen vós, que me tendes no voso poder e non me deixades de noite nin de día.
(II) Por iso comete unha insensatez quen se fía de vós coma min, que houben de morrer polo voso amor, no que eu confiaba moito, e pensaba coa vosa axuda vencer a que vós me fixestes amar, e fallástesme cando eu precisaba de vós.
(III) E por isto, Amor, estaría moi ben se eu por vós puidese recibir ben da miña señora, de quen eu recibiría ben só con que a vós vos prouguese; mais vós, Amor, non queredes fazer nada de canto eu consideraría un ben.
(IV) E de bo grado eu vos abandonaría, Amor, se así encontrase repouso; mais encóntrovos comigo en todo o momento cada vez que me vou esconder de vós, e, xa que sen vós non podo vivir, se me matásedes xa, praceríame.

Métrica


Esquema métrico: 4 x 10’a 10b 10’a 10b 10b 10’a (= RM 79:5)

Encontros vocálicos: 12 -meu

Notas


Texto
  • 2

    Cousimento ‘discreción, siso’ é voz de orixe provenzal usada con relativa frecuencia, fundamentalmente nas cantigas de amor (36.26, 38.1, 110.4, 116.22, 117.15 e 18, 156.2, 1062.11, 1408.12), xunto cos verbos cousir e cousecer (cfr. Glosario, s.v.), da mesma familia semántica e de amplo uso no corpus trobadoresco. Véxase García-Sabell Tormo (1991: 103-105).

  • 8

    A utilización de eu como segundo termo da comparación introducida por come é minoritaria, pois só volve aparecer en 43.15, 150.2, 723.20, 1074.51593.r2, 1609.16, en face da maioritaria construción come mi(n), en liña co que acontece no galego moderno, onde só é posíbel coma min.

  • 9

    Carolina Michaëlis (seguida por Littera) converteu por voss’amor nun apelo directo ao Amor (por vós, Amor), quizais arrastrada polas restantes invocacións existentes nos vv. 17 e 20. De todos os xeitos, nótese como no v. 20 a lección dos apógrafos italianos levaría a de voss’amor fronte á invocación presente no Cancioneiro da Ajuda: de vós, Amor.

    Por outra banda, téñase en conta que atrever-se, á parte da preposición a e de, rexe tamén a preposición en tamén noutra ocorrencia co valor de ‘atreverse, ousar’ (663.8), e, especialmente, sempre que significa ‘confiar en, fiarse de’ (135.10, 174.8, 134.4, 1599.11).

  • 12

    A diverxencia entre falir A / filhar BV probabelmente se deba a unha banalización atribuíbel aos cancioneiros italianos.

  • 22

    O mesmo erro <non>/<uou> en B, de evidente explicación paleográfica, pode acharse en 295.15, 974.26 ou 1322.5.

  • 23

    Se non é un lapso de copia, resulta de interese a variante garecer proporcionada pola copia de B, que incide no diferente grao de evolución do grupo gua- en voces do tipo guarecer, guarir ou, mesmo, guardar. Cfr. e rogo-lhi que mí oj’este mal / me guaresca nen m’empare d’Amor (889.11), onde garesca é tamén a lección de B, fronte a guaresca en V.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado