A primeira copia da composición nos apógrafos italianos (B 394, V 4), atribuída a Sancho Sanchez, só presenta as estrofas I e IV.
I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: 583-584); Panunzio (1992 [1967]: 88-89 [= LPGP 765-766]); Littera (2016: II, 288).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 6-7, 204); Braga (1878: 1, 109); Machado & Machado (1950: II, 187; 1953: IV, 363-364); Carter (2007 [1941]: 171-172); Fernández Pousa (1956: 811-812); Juárez Blanquer (1988: 103-104); Arbor Aldea (2016b).
1 A] om. A; mia] m\h/a V’; d'outra] dontra B’ 4 me] mi B’V’; me] mj B : mi B’VV’ 5 meu] men V’; morrer] moirer B : moiret B’ : mouer V’ 6 ante ca] antes que BV; sempr’en] sempen V’ 7-18 om. B’V’ 9 me] mj B : mi V; me] mj B : mi V 10 morrerei] moirerey B 14 mi-o] mo B 15 preser] priser B 16 me] mj B : mi V; diran] dira V 19 Tal sazon foi] Sazon foy ia B’V’; tev’en] ceuen B’ 20 quando me] ꝙ̄ come B’V’; forçava] forgiua V’ 21 mal] ia B’V’ 22 me] mj B : mi B’VV’; grad’aja] gardar B : grado aia B’V’ 23 morrer] moirer B’V’
4 me] mi Panunzio 6 ante ca] ante que Panunzio 7 desejos] desejus Panunzio 8 toda sazon] tod’a sazom Littera 9 por] per Panunzio; me ... me] mi ... mi Panunzio 10 afan] afã Littera 12 ante ca] ante que Panunzio 13 por] per Panunzio 15 por] per Panunzio; preser] priser Panunzio 16 me] mi Panunzio 18 ante ca] ante que Panunzio 22 me] mi Panunzio 24 ante ca] ante que Panunzio
(I) A miña señora, que eu máis que outra cousa desexei e amei e servín, e a quen eu non lle importaba nada, ten intención de me facer ben, pois o meu ben é eu morrer por ela antes que vivir sempre en tal coita.
(II) En tal coita cal me dan os seus desexos por ela a decote, mais desde agora, por canto mal me fai, ben me fará, porque morrerei e perderei o afán, pois o meu ben é eu morrer por ela antes que vivir sempre en tal coita.
(III) E canto mal eu levei por causa dela agora o compensarei, se Deus quixer, porque, despois de eu prender morte por causa dela, non me dirán que non obteño o ben dela, pois o meu ben é eu morrer por ela antes que vivir sempre en tal coita.
(IV) Houbo un tempo en que me desdeñou cando máis me forzaba o seu amor, e agora, mal que lle pese á miña señora, farame ben, e que sexa castigada por iso, pois o meu ben é eu morrer por ela antes que vivir sempre en tal coita.
Esquema métrico: 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:198)
Encontros vocálicos: 3 so·i·a; 14 mi͜-o
Existe unanimidade crítica na atribución da cantiga a Pero da Ponte: en face dunha primeira (e incompleta) aparición do texto nos cancioneiros B e V incluída nos textos de Sancho Sanchez, a segunda copia nos apógrafos italianos (B 922, V 569) xa presenta a autoría de Pero da Ponte, que se corresponde tamén coa súa presenza no Cancioneiro da Ajuda, no grupo de composicións do segrel galego (véxase Marcenaro 2015b: 84).
Nótese a concorrencia de mi e me (vv. 4 e 22) con función de complemento indirecto, conforme a copia da cantiga. Cfr. nota a 642.13.
É inédita a variación ante ca ~ antes que: a forma con -s adverbial xeneralizouse no período postrobadoresco, conforme indica a frecuencia de aparición no Corpus Galego-Portugués Antigo (s.v. ante, antes); pola súa parte, a teor dos datos subministrados polos cancioneiros, as conxuncións que e ca son intercambiábeis tanto en función causal como completiva ou integrante. En liñas xerais, existe certa preferencia por ca en A (fronte a BV): 66.6, 84.15, 92.27, 94.20, 142.28, 166.23, 167.18, 170.10 e 27, 177.14, 178.24, 179.19 e 26, 249.5, 276.r2, 317.16, 320.8, 355.3, 430.13, 812.3, 980.8, 981.19 e 26, 984.6, 995.7. Mais tamén encontramos a preferencia inversa (que A, ca B): 68.19, 84.6, 94.20, 221.9. E, finalmente, aínda entre os propios apógrafos italianos se encontra tal variación: ca B vs. que V (725.22 e 1102.5) e mais na cantiga 655.14, para alén da presente composición, en que a primeira versión presenta ca face á segunda con que1 .
A segmentación do artigo en tod’a sazon que Littera realizou (en liña con outras que realiza sistematicamente no indefinido todo/a) é absolutamente desnecesaria, e máis neste contexto en que toda sazon funciona como unha locución adverbial temporal (coa variante a toda sazon, véxase Glosario).
A copia de B presenta a forma minoritaria da contracción mo fronte a mi-o nos restantes testemuños da cantiga (véxase Glosario, s.v. mo). Esta mesma concorrencia de formas, talvez produto de lapsos de copia, pode verse moi limitadamente nos cancioneiros apógrafos (B vs. A: 239.18, 306.10; B vs. V: 1032.10, 1230.15; V vs. B: 1321.11, 1368.15).
Panunzio fixa unha suposta forma priser (B vs. AB’VV’) que moi probabelmente é un erro de copia, similar a <fizer> V vs. <fezer> B en 1653.23.
Nótese como a copia alternativa de B’V’ reequilibra metricamente o verso coa omisión de tal e a introdución do adverbio ja: Tal sazon foi que me tev’en desden (ABV) vs. Sazon foi ja que me tev’en desden (B’V’).