I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 746-747 [= LPGP 520]); Littera (2016: I, 642-643).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 46-47); Machado & Machado (1949: I, 179-180); Rios Milhám (2017: I, 98).
5 assi mi aven] assmihauen B 18 calar] calcar B 20 morrerei] moirerey B 24 morrer] moirer B
14 a ve[e]rei] [ben] averei Michaëlis 17 en] én Michaëlis : en Littera
(I) Cando eu estou sen a miña señora sempre penso que lle direi, cando a vir, o mal que sufro por ela e polo seu amor; e, ao vela, acontéceme que non me atrevo a lle dicir nada, (II) porque teño medo de lle causar pesar se llo dixer. E que farei? Se calo, podereina ver en canto lle negue que non a vexo polo pavor que lle teño, (mais) nin sequera iso (o vela) é o meu desexo.
(III) E mentres o puider negar, algunha vez a verei, mais de que me vale?, xa que me hei perder despois se me ela non fixer ben, e non sei que escoller: se ficar calado ou se llo dicir.
(IV) Se llo dixer e me mandar que a non vexa, morrerei; e, se non llo digo, terei unha gran coita xa mentres viva: antes que vivir en coita por sempre, direillo para morrer!
Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8b 8a 8c 8c (= RM 160:356)
Encontros vocálicos: 5 mi‿aven
A solución editorial ve[e]rei para a correcta medida do verso é máis económica e menos interventiva do que a proposta michaëliana.