999 [= Tav 155,6]
Por vos veer vin eu, sennor

Por vos veer vin eu, sennor
e lume destes ollos meus,
e valla-me contra vós Deus,
ca o fiz con coita d’amor,
ca, sennor, non ei eu poder
de viver máis sen vos veer.
Aventurei-m’e vin aqui
por vos veer e vos falar;
e, mia sennor, se vos pesar,
fazed’o que quiserdes i,
ca, sennor, n[on] e[i eu] p[oder
de viver máis sen vos veer].
Como vós quiserdes sera,
de me fazerdes mal e ben;
e, pois é tod’en vosso sén,
fazed’o que quiserdes ja,
ca, sennor, n[on] e[i eu poder
de viver máis sen vos veer].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


A 295, B 995, V 584

En V falta a estrofa III.

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: 592 [= LPGP 973-974]); Littera (2016: II, 547).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 209); Braga (1878: 112); Carter (2007 [1941]: 173); Machado & Machado (1953: IV, 386); Arbor Aldea (2016b).
III. Antoloxías: Nunes (1959: 254-255).

Variantes manuscritas


1 Por vos] or uos A; veer] uee(*)\r/ V   2 e] et A; ollos] olhus V   2-3 meus, / e valla-me] meꝯ (eualhamj) / Eualhamj B   3 me] mj B : mi V   5 eu] en V   6 vos] uos A   8 vos] uos A; vos]  uos A   9 e] et A; vos] uos A   10 quiserdes i] qi des (qc) hi V   13-18 om. V   13 sera] sem B   14 me fazerdes mal e ben] mj fazerdes nulle ben B   16 que] om. B

Variantes editoriais


2 e] et Michaëlis   6 vos] vos Michaëlis   8 vos] vos Michaëlis   9 vos] vos Michaëlis   12 vos] vos Michaëlis   18 vos] vos Michaëlis

Paráfrase


(I) Por vos ver vin eu, señora e luz destes ollos meus, e Deus me valla contra vós, porque o fixen por causa da coita de amor, pois, señora, eu non teño o poder de vivir máis sen vos ver.
(II) Arrisqueime e vin aquí por vos ver e vos falar; e, miña señora, se vos causar pesar, facede o que quixerdes ao respecto, pois, señora, eu non teño o poder de vivir máis sen vos ver.
(III) De me facerdes mal e ben, será como vós quixerdes; e, pois todo depende do voso siso, facede xa o que quixerdes, pois, señora, eu non teño o poder de vivir máis sen vos ver.

Métrica


Esquema métrico: Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8a 8C 8C (= Tav 160:393)

Notas


Texto
  • 2

    A grafía <et> (tamén no v. 9), de presenza esporádica ao longo dos cancioneiros apógrafos italianos, nomeadamente no Cancioneiro da Vaticana, só ten unha moi limitada presenza no Cancioneiro da Ajuda, con dous rexistros no seu inicio (65 [A2, B92], v. 7; 82 [A16, B109], v. 3) e unha presenza máis maciza na parte final do cancioneiro: 1236 [A283, B1220, V825], v. 10; 982 [A289, B980, V567], v. 12; 997 [A 293, B 993bis, V 582], v. 3; 999 [A295, B995, V584], vv. 2 e 9; 1000 [A296, B996, V585], vv. 2, 7, 15 e 16; 994 [A300, B991, V579], vv. 8, 10 e 15; 996 [A301, B993, V581], v. 6; 894 [A302], v. 4; 896 [A304], v. 15. Na realidade, esta grafía para a copulativa debe ser posta en relación con outras grafías ou formas latinizantes que se detectan ao longo do corpus (véxase nota a 63.2).

    Por outra parte, repárese en <olhus> coa terminación gráfica -us que é relativamente frecuente no Cancioneiro da Vaticana. Na realidade, esta grafía aparece case exclusivamente en formas verbais de P4 e nomes masculinos plurais. A súa esporádica presenza, limitada aos apógrafos italianos, mostra que é produto do desenvolvemento da abreviatura <9> en posición final, abreviatura herdada do latín, onde funcionaba como desinencia de nominativo nos nomes da segunda declinación, rematados en -us.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado