192 [= RM 125,18]
Máis de mil vezes coid’eu eno dia

Máis de mil vezes coid’eu eno dia,
quando non posso mia sennor veer,
ca lle direi, se a vir, toda via
a mui gran coita que me faz sofrer;
e, poi-la vejo, vedes que mi aven:
non lle digo de quanto coido ren
ant’o seu mui fremoso parecer,
que me faz, quanto coido, escaecer,
ca, poi-la vejo, non lle digo nada
de quanto coid’ante que lle direi
u a non vej’, e, par Deus, mui coitada-
-mente viv[o], e, por Deus, que farei?
Ca, poi-la vejo, coido sempr’enton
no seu fremoso parecer e non
me nembra nada, ca todo me fal
quanto lle coid’a dizer, e dig’al.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 

Manuscritos


A 99, B 206

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 207); Blasco (1984: 151 [= LPGP 820]); Marcenaro (2012b: 237); Littera (2016: II, 354).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 89); Carter (2007 [1941]: 59-60); Marques Braga (1945: 190); Machado & Machado (1949: I, 336); Fernández Pousa (1953: 18); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 192).
III. Antoloxías: Mongelli (2009: 13).

Variantes manuscritas


1 coid’eu] cuideu B   3 lle] lhi B; vir] om. B   6 lle] lhi B; coido] cuido B   7-8 fremoso parecer, / que me] om. B   8 coido escaecer] cuidescaecer B   9 lle] lhi B   10 coid’ante que lle] cuydante q̄lhi   11-12 coitada-/-mente] coytada / ment’ B   13 coido] coi(ta)do A : cuido B   16 lle coid’a dizer, e dig’al] lhi cuida diz’ edigual B

Variantes editoriais


1 coid’] cuid’ Littera   6 coido] cuido Littera   8 coido] coid(o) Michaëlis : cuido Littera   10 coid’] cuid’ Littera   12 viv[o]] viv’ Blasco, Littera   13 coido] cuido Littera   16 coid’] cuid’ Littera

Paráfrase


(I) Máis de mil veces penso eu ao longo do día, cando non podo ver a miña señora, que verdadeiramente lle direi, se a vir, a coita moi grande que me fai sufrir; e, unha vez que a vexo, vede o que me acontece: non lle digo nada do que penso ante a súa fermosura, que me fai esquecer todo canto penso, (II) porque, unha vez que a vexo, non lle digo cousa ningunha de todo o que antes penso que lle hei dicir cando non a teño diante, e, por Deus, moi coitadamente vivo, e, por Deus, que farei? Porque, despois de a ver, penso sempre no seu rostro fermoso e non lembro nada, porque todo o que lle penso dicir me esquece, e dígolle outra cousa.

Métrica


Esquema métrico: 10’a 10b 10’a 10b 10c 10c 10b 10b (I [= RM 102:1]) + 10’a 10b 10’a 10b 10c 10c 10d 10d (II [= RM 107:2])

Encontro vocálico: 5 miaven

Notas


Texto
  • *

    Sobre o carácter de verdadeira cantiga ateúda desta composición, con estrofas ligadas causalmente coa conxunción ca (isoladas decote na maioría das edicións), véxase nota á cantiga 15.

  • 11-12

    A segmentación do adverbio, que volve aparecer en 37.18-19, representa o terceiro nivel de tmese versal (véxase nota a 14.25-26, 123.24-25, 482.1-2, 1542.3-4), proceso frecuente nas Cantigas de Santa Maria: así, por exemplo, en CSM 195: fera- / mente (vv. 24-25), vergonnosa- / mente (vv. 51-52), enganosa- / mente (vv. 154-155), mederosa- / Ment’... (vv. 157-158), apressurosa- / mente (vv. 187-188).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado