I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 442-443 [= LPGP 799]); Reali (1964: 69); Fernández Campo (2012: 67); Littera (2016: II, 318).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 237); Braga (1878: 128); Machado & Machado (1956: V, 105).
5 pes] pez B 6 ca non sei] Ca (s) non sey B 8 vos] uos BV 11 pes] pez B 13 ous’én] ou seu V 14 lume] lnme B 15 lume] lnme B
2 vos] vus Reali 3 vos] vus Reali 5 vos ... vos] vus ... vus Reali 7 vos] vus Reali; rogar ei] rogarei Nunes, Reali, Fernández Campo 8 vos] vós Reali 9 vos] vus Reali 10 m’e ... vos] me, ... vus Reali 11 vos ... vos] vus ... vus Reali 13 vos] vus Reali; én] eu Nunes, Reali, Littera 15 olhos] olhus Reali 16 olhos ... vos] olhus ... vus Reali 17 vos ... vos] vus ... vus Reali
(I) Miña señora, por Noso Señor, por quen vos veño rogar, quérovos agora rogar, miña señora, por Noso Señor, que non vos pese que eu vos ame, pois ningunha outra cousa sei amar tanto, (II) señora, e non vos rogarei outra cousa, pois teño pavor de vos causar pesar, e, se vos non causa pesar, oídeme, e rogareivos que non vos pese que eu vos ame, pois ningunha outra cousa sei amar tanto.
(III) E eu non me atrevo a dicirvos máis diso, señora e luz destes meus ollos –ai, luz destes meus ollos!– e véñovos dicir que non vos pese que eu vos ame, pois ningunha outra cousa sei amar tanto.
Esquema métrico: 8a 8b 8b 8a 8B 8B (I-II [= RM 151:10]) + 8a 8b 8b 8a 8C 8C (III [= RM 160:370])
Esta composición, con ligazón sintáctico-discursiva clara entre as dúas primeiras estrofas e posterior ligazón copulativa coa estrofa III mostra un certo carácter de cantiga ateúda, xa que a unión copulativa ben podería xustificar unha puntuación sen ruptura estrófica final. Véxase nota á cantiga 24.
Por outra parte, a cantiga presenta sistemática repetición das palabras rimantes nos vv. 1-4, 2-3 e 5-6 de cada estrofa. Para alén da presenza de refrán, a cantiga, ademais, ofrece repetición total do primeiro e último verso na estrofa I, e parcial nas estrofas II-III. En calquera caso, está moi lonxe da chamada tradicionalmente cançon redonda, xa que non se corresponde coa técnica provenzal así denominada –utilizada na cantiga 430, de Bonifacio Calvo (véxase Gonçalves 2016 [2001]).
Todos os editores estabelecen rogarei como palabra rimante neste verso, dificultando, deste xeito, a repetición de ei nos versos primeiro e último de cada cobra (á parte do refrán): *rogarei / rogar-vos-ei. É por isto que propomos considerar a perífrase aver + infinitivo (neste caso invertido, como noutras pasaxes) para que o derradeiro elemento do verso, ei, poida ser o elemento repetido no v. 10: rogar ei / rogar-vos-ei.
A segmentación da conxunción copulativa e neste verso, que evita unha pausa e a xustaposición sintáctica, ten un certo carácter optativo, e como tal non foi realizada na edición de Reali.