1063 [= RM 123,7]
Non sei eu tempo quand’eu nulha ren

Non sei eu tempo quand’eu nulha ren
d’Amor ouvesse ond’ouvesse sabor,
ca non quis Deus, nen filhei tal senhor
a que ousasse nulha ren dizer
do que seria meu viç’e meu ben,
nen de qual guisa mi d’Amor mal ven:
fazer no mund’a meu pesar viver.
E, se outr’ome, segundo meu sén,
tanto soubesse quant’eu sei d’Amor,
ben saberia com’é forçador
e sen mesura e de gran poder:
quando soubess’en qual coita me ten,
ben saberia como vive quen
faz Deus no mund’a seu pesar viver.
Eu, que no mundo viv’a meu pesar,
eu viveria muit’a meu prazer
se eu d’Amor ben podess[e] aver:
meu ben seria quant’oj’é meu mal;
mai-la senhor que mi Amor faz filhar,
essa me soube de guisa guisar
que non ouvess’eu ben d’Amor nen d’al.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscritos


B 1061, V 651-652

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 413-414 [= LPGP 807]); Elia (1995: 562); Littera (2016: II, 335-336)
II. Outras edicións: Monaci (1875: 230-231); Braga (1878: 124-125); Machado & Machado (1956: V, 72).

Variantes manuscritas


1 quand’eu] quanden V   8 meu] men B   10 forçador] forcador B   12 qual] q̄l V   15 meu] men B   16 meu] men B   18 quant’oje] q̄ntoie V

Variantes editoriais


2 d’Amor ouvesse ond’] d’Amor ouvess(e) ond’ Nunes : d’amor end’ouvesse Elia : d’Amor ouvess’ond’ Littera   6 Amor] amor Elia   7 podess[e] aver] podess’aver Nunes   9 Amor] amor Elia   17 d’Amor ben podess[e] aver] d’amor ben podess’aver Elia : d’Amor bem podess’aver Littera   19 Amor] amor Elia

Paráfrase


(I) Non coñezo ningún tempo en que eu recibise algo de Amor do que sentise gozo, pois non quixo Deus, nin eu tomei unha señora tal a quen lle ousase falar do que sería o meu gozo e o meu ben, nin de que forma me vén mal de Amor: facerme vivir no mundo contra a miña vontade.
(II) E se outro home, segundo a miña opinión, soubese tanto canto eu sei de Amor, ben sabería como é forzador e desmesurado e de gran poder: cando soubese en cal coita me ten, ben sabería como vive aquel que Deus fai vivir no mundo contra a propia vondade.
(III) Eu, que no mundo vivo contra a miña vontade, viviría moi pracenteiramente se eu puidese recibir ben de Amor: sería o meu ben todo canto hoxe é o meu mal; mais a señora que Amor me fai servir (como namorado), esa me soubo de tal forma dispor todo para que eu non obtivese ben de Amor nin de outra cousa.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10c 10a 19a 10c (= RM 182:1)

Encontros vocálicos: 2 ouvesseond’; 19 miAmor

Notas


Texto
  • 2

    Ao longo de toda a composición, Elia non considera a personificación do Amor, que se reitera nos vv. 6, 9 e 19.

  • 8

    O sintagma segundo meu sén é frecuente no corpus (415.29, 487.2, 943.4, 944.8, 1110.7, 1172.5, 1183.2, 1583.3). Para fórmulas similares véxase nota a 65.3, 228.8, 230.10.

  • 17

    Repárese na hipometría versal do texto transmitido por BV, conservada nas edicións de Sílvio Elia e de Littera.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado