I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 78-79); Blasco (1984: 225 [= LPGP 825]); Cohen (2003: 135); Marcenaro (2012b: 335); Littera (2016: II, 366-367).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 95); Braga (1878: 49); Machado & Machado (1952: III, 312-313); Fernández Pousa (1953: 3-4).
III. Antoloxías: Nunes (1959: 322-323); Oliveira & Machado (1959: 96); Álvarez Blázquez (1975: 88); Ferreira (1988: 83); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 206); Diogo (1998: 89); Magalhães (2007: 90); Fidalgo (2009: 136); Corral Díaz & Vieira (2023: 190-191).
2 fezestes] fazestes V 4 fui] sin V 6 querrei] q̅irey B 8 verriades] Veiriades B 13 ainda] aiuda B
1 vos] vus Blasco 16 vos] vus Blasco
(I) Non vos lembra, meu amigo, o agravio que me fixestes? Acordastes falar comigo, fun eu e vós non viñestes, e queredes falar comigo mais non hei querer eu, amigo.
(II) Xurastes que de calquera forma viriades gostosamente antes de que abrise o día; mentístesme, ai, perxuro, e queredes falar comigo mais non hei querer eu, amigo.
(III) E aínda me rogaredes que eu fale convosco algures, e por canto me facedes direi que non vos coñezo, e queredes falar comigo mais non hei querer eu, amigo.
Esquema métrico: 7’a 7’b 7’a 7’b 7’A 7’A (I = [RM 58:8]) + 7’a 7’b 7’a 7’b 7’B 7’B (II-III = [RM 99:76])
Encontros vocálicos: 10 -mi,‿ai; 13 *E‿ainda
O refrán desta cantiga de Pero Garcia Burgales aparece integrado como os dous versos finais da composición 471, un escarnio de Afonso X contra Don Meendo de Candarei, un exemplo de «intertextualidade parodística» (Gonçalves 2016 [1992]: 225), en que Afonso X tamén reutiliza o mesmo esquema métrico e retoma, inclusive, rimantes (véxase Gonzalez 2012e: 225).
A puntuación de Blasco no segundo verso do refrán (E non querrey eu amigo!) indica que o editor francés interpreta amigo como CD de querrei, e non como vocativo.
Por outra banda, é desnecesario o carácter interrogativo que Marcenaro considerou para o v. 5, pois confire un ton forzado ao refrán ao aparecer a hipotética resposta no v. 6 iniciada cunha copulativa:
¿e queredes falar migo?
e non querrei eu, amigo.
Para manter o carácter heptasilábico do verso sen recorrer a unha anómala sinalefa *e‿ainda sería necesario considerar a existencia dunha episinalefa amigo/‿E. Ou, alternativamente, ainda podería constituír un caso de banalización dos copistas da variante inda, minoritaria no corpus (E inda...).
A forma adverbial algur (talvez formación sobre algún coa influencia de alhur, que tamén debeu condicionar as formas nenlhur ~ nelhur (véxase UC/Glosario, s.v.) é verdadeiramente minoritaria en relación ao préstamo provenzal (alhur).