1313 [= RM 38,5]
O vos[s]’amigo trist’e sen razon

O vos[s]’amigo trist’e sen razon
vi eu, amiga: mui pouc’o parei
e preguntei-o por que, e non sei
del senon tanto que me disse enton:
des que el vira ũa sa senhor
ir d’u el era, fora sofredor
de grandes coitas no seu coraçon.
Tan trist’estava que ben entender
pode quen quer que o vir que trist’é,
e preguntei-o; mais, per bõa fe
non pud’eu del máis de tanto aprender:
des que el vira ũa que quer ben
ir d’u el era, por dereito ten,
tá que a vir, de non tomar prazer.
Da sa tristeza ouv’eu tal pesar
que foi a el e preguntei assi
en que coidava; mais non aprendi
del senon tanto que lhi oi falar:
des que el vira quen lhi coitas deu
ir d’u el era, no coraçon seu,
tá que a vir, ledo non pod’andar.
E enton pode perder seu pesar:
da que el vira ir, veer tornar.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 

Manuscritos


B 1297, V 901

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 452-453); Toriello (1976: 97 [= LPGP 278-279]); Cohen (2003: 529); Littera (2016: I, 296-297).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 306); Braga (1878: 168); Machado & Machado (1958: VI, 20); Cousillas Pena (2019: 55).
III. Antoloxías: Dobarro Paz et alii (1987: 100); Morán (1999: 37-38); [Morán] (2001: 37-38).

Variantes manuscritas


2 parei] ꝑ ey B : per ey V   9 trist’é] t̄ste B   10 bõa] boa B   11 de tanto] da tāto V   13 dereito] der̄to BV   15 tristeza] t’steça B : tristeça V   16 preguntei] p̄guntey B   17 aprendi] ap̃ndi B   19 quen] ꝙʷ  B   20 coraçon] corazon V   23 u] hyr BV

Variantes editoriais


2 amiga: mui] amiga, [e] mui Cohen : amig’, [e] mui Littera; pouc’o] pouco Nunes, Toriello; parei] per ei Nunes : per hei Littera   4 disse] diss’ Nunes   5 el vira] «el vira» Toriello; ũa] hua Toriello   10 bõa] boa Toriello, Littera   11 de tanto] d’atanto Cohen, Littera   15 tristeza] tristeça Toriello, Cohen, Littera   16 preguntei] preguntei-[o] Nunes   18 lhi] lh’y Toriello   19 el vira] «el vira» Toriello   23 da que el vira ir, veer tornar] du que[n] el vira ir veer tornar Nunes : du, que[n] «el vyra» hyr, veer tornar Toriello : u que<n> el vira ir <ar> vir tornar Cohen : da que el vira ir veer tornar Littera

Paráfrase


(I) O voso amigo vin, amiga, triste e desasisado: pareino moi pouco (tempo) e pregunteille por que, e non sei del máis que o que me dixo entón: (que), desde que el vira unha súa señora irse de onde el estaba, sufrira grandes coitas no seu corazón.

(II) Tan triste estaba que calquera que o vexa ben pode entender que está triste, e interrogueino; mais, abofé, non puiden saber del máis que isto: (que), desde que el vira unha que ama irse de onde el estaba, considera que é axeitado non sentir pracer até que a vexa (de novo).

(III) Da súa tristeza sentín eu tal pesar que fun onda el e pregunteille así en que pensaba; mais non souben del máis do que lle ouvín falar: (que), desde que el vira a quen lle causou as coitas irse de onde el estaba, até que a vexa (de novo) non pode estar ledo no seu corazón.

(1) E daquela pode perder o seu pesar: de ver tornar a que el vira ir.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10a (= RM 161:26) + 10a 10a

Encontros vocálicos: 4 disse‿enton; 11 tanto‿aprender; 18 lhi‿o·i

Notas


Texto
  • *

    Esta cantiga presenta un artificio de repetición de dúas secuencias nos vv. 5-6 de todas as estrofas: des que el vira (v. 5), ir d’u el era (v. 6).

    Por outra parte, nótese como no quinto verso de todas as estrofas, así como na fiinda (v. 23) reaparece o xogo equívoco entre el vira / Elvira, tal como se percibe tamén na cantiga 1311 (véxase Martínez Pereiro 2000: 80-110).

  • 2

    Nótese en V o desenvolvemento da forma <> do antígrafo como per, que debe ser emendada para estabelecer a forma verbal parei (parei <ꝑ ey> B, <per ey> V). Por outra banda, a segmentación do pronome en pouc’o parei é pertinente no contexto do período, pois cambia o punto de vista: ‘eu parei un pouco de tempo vs. pareino (a el) un pouco de tempo’. En calquera caso, resulta desnecesaria a recuperación da copulativa que Cohen (e Littera) propón.

  • 11

    Obsérvese como neste verso transparece máis outro caso de variación lingüistica tanto B / atanto V, que se rexistra tamén entre as leccións do Cancioneiro da Ajuda fronte aos apógrafos italianos: 83.7 (tanto A, atanto B), 282.14 (atanta A, tanta B), 431.9 (atanto A, tanto B).

  • 14

    Neste verso e mais no v. 21 aparece a variante , forma reducida da preposición atá.

  • 15

    A pesar da común lección <tristeça> de BV, esta forma ten de ser un produto dunha confusión no ámbito das sibilantes, como algunhas outras que se detectan na transmisión textual das cantigas: a unanimidade da forma tristeza en toda a produción medieval (véxase CGPA, s.v.) aconsella realizar a emenda da lección dos apógrafos.

  • 16

    Foi é a forma xeral de P3 de pretérito de seer (e de ir), mais tamén aparece como forma de P1, tal como acontece neste verso : a pesar de que en xeral se estabelece unha oposición P1 / P3, fui (< fŭī) / foi (< fŭĭt), pola acción metafónica de -ī final nalgúns pretéritos fortes (cfr. tamén fiz vs. fez, sive vs. seve, tive vs. teve etc.), foi pode ser tamén resultado de P1, o mesmo que fui aparece esporadicamente como forma de P3 (sen efecto metafónico, por tanto, ou con xeneralización analóxica de unha ou outra persoa).

  • 22-23

    Todos os editores emendan en maior ou menor medida a lección subministrada polos manuscritos; no entanto, achamos que a fiinda ten sentido conforme o texto de BV:

    E enton pode perder seu pesar:
    da que el vira ir, veer tornar.

    Isto é: ‘E daquela poderá perder o seu pesar: de ver tornar a que el vira ir’. Deste modo, mantense o mesmo xogo da antítese veer ir (vira ... ir) / veer (vir) dos vv. 12-14:

    des que el vira ũa que quer ben
    ir d’u el era, por dereito ten,
    tá que a vir,…

Buscar
    Non se atopou ningún resultado