I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 448-449 [= LPGP 434]); Cohen (2003: 525); Littera (2016: I, 501-502).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 305); Braga (1878: 167); Machado & Machado (1958: VI, 13); García (2001: 54); Montero Santalha (2004); Vázquez García (2016: 168-169).
III. Antoloxías: Piccolo (1951: 122-123); Nunes (1959: 310-311); Oliveira & Machado (1959: 127-128); Álvarez Blázquez (1975: 149); Ferreira (1988: 92); Arias Freixedo (2003: 464-465).
3 fazede] façede V 8 fremosa] fremoso V; oraçon] oracō B 10 o] E B : e V; perdon] pardon B 13 gran] grã B 15 ide, vos mand’, e] Hydeuꝯ madre B : hi deuꝯ madre V
12 eu] om. Nunes 15 ide, vos mand’, e ve[e]-lo-edes] irei convosqu’e vee-lo edes Nunes : ide vos a Far’ e ve-lo edes Cohen : ide-vos a Far'e vê-lo-edes Littera 16 por] per Littera; amades] andades Nunes 18 eu mand’ir] mand’ir Nunes : mand’eu ir Cohen
(I) Pois vós, filla, moito amades o voso amigo, mándovolo ir ver, mais facede unha cousa por min, que teña sempre que vos agradecer: non vos entendan, por cousa ningunha, que vos eu mando ir a onde vos el vexa.
(II) Mándovos ir eu a Faro un día, filla fermosa, orar, onde o voso amigo fale convosco como adoitaba, e, así Deus vos perdoe, non vos entendan, por cousa ningunha, que vos eu mando ir a onde vos el vexa.
(III) E xa que vós tanto o amades, direivos, filla, o que faredes: ide, mándovolo (eu), e verédelo; mais, por todo o que eu e vós amamos, que non vos entendan, por cousa ningunha, que vos eu mando ir a onde vos el vexa.
Esquema métrico: 10a 10b 10a 10b 9’C 9’C (I [= RM 99:35]) + 9’a 10b 9’a 10b 9’C 9’C (II [= RM 99:42]) + 9’a 9’b 9’a 9’b 9’C 9’C (III [= RM 99:45])
Encontros vocálicos: so·i·a
Faro refírese á ermida de Santa María do Faro, en Chantada, Lugo.
Emendamos a forma *pardon (<pardō>) de B, lección exclusiva (errada face a perdon, por deficiente desenvolvemento da abreviatura <ꝑ>) do copista a do Cancioneiro da Biblioteca Nacional (véxase Ferrari 1979: 83-85). Non por acaso, das case sesenta aparicións de tal forma en B, só dúas delas son doutros copistas (859.6, copista b; 952.9, copista e), constituíndo, por tanto, simples lapsos puntuais que tamén poden aparecer noutros vocábulos. Véxase Ferreiro (2016b).
Perante o erro dos manuscritos, a nosa emenda procura minimizar a intromisión no texto (madre > mand’e). Debe considerarse, ademais, a forma veer como bisilábica (cfr. ve-lo-edes en Cohen e Littera), como é habitual na lingua trobadoresca.