819 [= RM 154,9]
Por Deus, amiga, provad’un dia

– Por Deus, amiga, provad’un dia
o voss’amigo de vo-lh’assanhar,
e veredes ome coitad’andar.
– Ai amiga, que mal conselh’ess’é,
ca sei eu aquesto, per boa fe,
mui ben: que log’el morto seria.
– Amiga, ben vos conselharia
dizerdes que non dades por el ren,
e veredes coita[d’ome] por én.
– Non mi-o digades, se Deus vos perdon,
ca sei eu ja pelo seu coraçon
mui ben que log’el [morto seria].
– Amiga, nunca lhi mal verria
de lhi dizerdes atanto por mí:
que non dades por el ren des aqui.
– Par Deus, amiga, non vos creerei
nen vós nunca mi-o digades, ca sei
mui ben [que log’el morto seria].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 822, V 407

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 206-207); Majorano (1979: 123 [= LPGP 968-969]); Cohen (2003: 278); Littera (2016: II, 516).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 152-153); Braga (1878: 77); Machado & Machado (1953: IV, 132).
III. Antoloxías: Torres (1977: 376); Jensen (1992: 374).

Variantes manuscritas


2 o voss’amigo] ouass amigo B   13 verria] ueiria B   17 nunca mi-o] nūchamo V

Variantes editoriais


1 Por] Par Nunes   7 vos] vus Majorano   9 e veredes coita[d’ome]] e veredes [sa gran] coita Nunes : e veredes coita [d’ome] Majorano : e ve-l[o] edes coit’aver Cohen : e [o] veredes coita[do] por en Littera   10 vos] vus Majorano   16 vos] vus Majorano

Paráfrase


(I) –Por Deus, amiga, probade un día a asañarvos co voso amigo, e veredes un home andar coitado. 
–Ai amiga, que mal consello é ese, xa que sei isto, abofé, moi ben: que el morrería decontado.

(II) –Amiga, aconsellaríavos dicirlle que non vos importa nada, e veredes tristura de home por iso. 
–Non mo digades, así Deus vos perdoe, pois sei eu xa polo seu corazón moi ben que el morrería decontado.

(III) –Amiga, non lle faría mal se lle dicides iso por (amor a) min: que non dades nada por el desde este momento. 
–Por Deus, amiga, non vos crerei, nin vós nunca digades isto, pois sei moi ben que el morrería decontado.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 9’a 10b 10b 10c 10c 9’A (= RM 189:30)

Encontros vocálicos: 10 mi͜-o; 17 mi͜-o

Notas


Texto
  • 2

    Na poesía trobadoresca galego-portuguesa é moi frecuente o encontro dos pronomes vos e lhe (ou lhi) polo frecuente uso de vos como dativo ético. Este encontro resólvese coa asimilación da consoante alveolar á lateral palatal (106.14, 135.7, 142.13, 216.18, 254.16, 393.15, 490.13, 562.11, 722.16, 767.2, 971.17, 1121.18, 1648.12), coa única excepción de 1388.8. Idéntico resultado se encontra nas Cantigas de Santa Maria (CSM 135.69, 151.38, 203.4, 265.102), mesmo algunha vez na secuencia pois + lle:

    e poy-ll’ ouveron comprada, un dia ante da luz
    moveron do porto Dovra (CSM 35.115);

    e poi-ll’ alçaron a mesa, foi catar logo correndo
    logar en que o fezesse (CSM 45.37);

    foi enton ela moi leda poi-ll’ el diss’ onde vẽera (CM 55.72).

  • 9

    A omisión de dúas sílabas neste verso foi resolvida con diferentes propostas en todos os precedentes editores: e veredes [sa gran] coita (Nunes); e veredes coita [d’ome] (Majorano); e ve-l[o] edes coit’aver (Cohen); e [o] veredes coita[do] por en (Littera). A nosa proposta baséase na presenza de ome coitado no v. 3, que evita intromisións excesivas no verso, atendendo, ademais, á similar estrutura de ambos os dous.

  • 17

    Nótese a variación de resultados que ofrece o encontro dos pronomes mi mais o, coa solución mi-o en B fronte á crase mo en V, diverxencia que achamos noutras pasaxes do corpus: 239.18 (<mia> A vs. <ma> B), 306.10 (<mia> A vs. <ma> B), 984.14 (<mio> A, <mho> mi-o AV’ vs. <mo> B’), 1321.11 (<mha> B vs. <ma> V), 1368.15 (<mho>B vs. <mo >V), 1633.25 (<ma B> vs. <m\h/a> V).
    En calquera caso, esta dupla posibilidade de resultados no encontro dos pronomes me~mi + a(s)/o(s) lembra a diverxencia mia / ma da forma posesiva nalgunhas pasaxes. Cfr. nota a 609.1.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado