370 [= Tav 3,3 (= 101,7)]
Quando m’eu mui triste de mia sennor

Quando m’eu mui triste de mia sennor
mui fremosa sen meu grado quitei
e s’ela foi, mesquinn’, e eu fiquei,
nunca me vall’a min Nostro Sennor
se eu cuidasse que tanto vivera
sen a veer, se ante non morrera
ali u eu dela quitei os meus
ollos e me dela triste parti;
se cuidasse viver quanto vivi
sen a veer, nunca me valla Deus
se eu cuidasse que tanto vivera
[sen a veer, se ante non morrera]
ali u m’eu dela quitei; mas non
cuidei que tanto podesse viver
como vivi sen a poder veer,
ca Nostro Sennor nunca me perdon
se eu cuidasse que tanto v[ivera
sen a veer, se ante non morrera].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manoscritti


A 227, B 402, V 12

Edizioni


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 440-441 [= LPGP 669]); Littera (2016: II, 153-154).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 11); Braga (1878: 3); Carter (2007 [1941]: 132); Machado & Machado (1950: II, 201-202); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018b: III, 370).
III. Antoloxías: De la Iglesia (1886: II, 87-88); Nunes (1932: 18); Álvarez Blázquez (1975: 191-192).

Varianti manoscritte


1 de] d’ B   3 mesquinn’, e eu] e eu mez quinho BV   4 nunca] nuncha V; me vall’a min] mi ualha amj B : mi ualha ami V; Sennor] (s) sennor A   6 morrera] moirera BV   7 eu] om. BV   10 me] mj B : mi V   11 vivera] nj<...> B   13 mas] mays BV   16 Nostro] nōstro V; me] mj B : mi V

Varianti editoriali


3 mesquinn’, e] e, mesquinh’ Littera   13 mas] Mais Michaëlis

Parafrasi


(I) Cando eu, moi triste, me separei da moi fermosa miña señora contra a miña vontade e se foi ela, infeliz, e eu fiquei, (que) nunca me valla o Noso Señor se eu pensase que viviría tanto sen a ver, se antes non preferiría morrer (II) alí onde eu afastei dela os meus ollos e dela triste me separei; se pensase vivir tanto como vivín sen a ver, que Deus nunca me valla nunca se eu pensase que viviría tanto sen a ver, se antes non preferiría morrer (III) alí onde eu me afastei dela; mais non pensei que puidese vivir tanto como vivín sen poder vela, que o Noso Señor nunca me perdoe se eu pensase que viviría tanto sen a ver, se antes non preferiría morrer.

Metrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10’C 10’C (= Tav 160:248)

Note


Testo
  • *

    Esta cantiga é tamén atribuída a Afonso Fernandez Cebolhilha.

    Sobre o carácter de verdadeira cantiga ateúda atá a fiinda desta composición, incluída na relación de Gonçalves (2016 [1993]: 269-270), véxase nota á cantiga 15.

  • 3

    A mudanza de posición da copulativa en Littera fai que o trobador sexa o mesquiño, e non a senhor. Nótese a presenza de dúas variantes fonéticas na transmisión do verso (mesquinno A, mezquinho B), a que hai que sumar aínda a forma misquinho (1440.7). Véxase nota a 148.24.

  • 16

    A expresión Deus nunca me perdon (véxanse tamén vv. 4 e 10) aparece aquí integrada no discurso, a pesar do seu valor formulístico, igual que acontece con outras fórmulas similares en diversas pasaxes trobadorescas (388.17, 435.8-9, 808.3, 837.9, 1225.4).

Cerca
    Nessun risultato trovato