I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 327); Indini (1978: 152 [= LPGP 170]); Cohen (2003: 362); Littera (2016: I, 156).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 255); Braga (1878: 138); Machado & Machado (1956: V, 202); Berardinelli (1985: 17-18); Camargo et alii (1992: 43).
III. Antoloxías: Alvar & Beltrán (1989: 151-152); Magalhães (2007: 102); Alvar & Talens (2009: 394).
1 rogar] roguar BV 4 d’al desenganar] de desanganar B : del desenganar V 9 m’end’averedes] meu dau’edes B : meu daũedes V 11 gracir-vo-lo-ei] g̃cir noleey V 15 log’al] log ual B : logual V
1 irmana, rogar] irmãa, roguar Nunes 4 d’al] de Indini 15 irmana] irmãa Nunes
(I) Miña irmá, quérovos eu rogar por meu amigo e quérovos dicir que non vos pese que el me veña ver; e aínda vos quero doutra cousa desenganar: se vos prace con el, agradeceréivolo, e, se vos pesa, non o deixarei.
(II) Se viñer meu amigo e vos for ben con el, confiarei máis no voso amor e sempre me teredes por iso coa mellor disposición para vós; e aínda vos quero dicir outra cousa: se vos prace con el, agradeceréivolo, e, se vos pesa, non o deixarei.
(III) Cando viñer o meu amigo, descubrirei se me queredes ben ou mal, e, miña irmá, aínda vos direi outra cousa, pois non vos quero ocultar os meus sentimentos: se vos prace con el, agradeceréivolo, e, se vos pesa, non o deixarei.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:13)
Encontros vocálicos: 5 -lo͜-ei; 8 fi·ar; 11 -lo͜-ei; 17 -lo͜-ei
A forma irmana (< germanam), con manutención de -n- intervocálico (cfr. irmãa só en 679.1, 4, 5, 9; 1215.2) forma parte do grupo de arcaísmos típicos das cantigas de amigo (amena, arena, avelanal, avelanedo, fontana, Granada, granado, manhana, mano, pino, sano, venia), que contrastan coa forma xeral irmão / irmãa (cfr. Glosario s.v.) na lingua medieval. Trátase, sen dúbida, dun elemento retórico arcaizante propio deste xénero (véxase Ferreiro 2008b), aínda que pode aparecer de forma esporádica noutro tipo de composicións (véxase 429.r8 e 473.4). Sobre as forma do tipo irmana na cantigas véxase Ferreiro (2008b).
O sentido do texto xustifica a emenda da lección dos manuscritos (<de> B, <del> V) para d’al, emenda que, por outra parte, encontra apoio na presenza de outra cousa e al nos versos simétricos das seguintes cobras:
e ar quero-vos d’al desenganar (v. 4)
e ar quero-vos dizer outra ren (v. 10)
e, mia irmana, direi-vos log’al (v. 15)
Nótese a tmese métrica que estabelece un corte entre a base verbal dunha forma futura con pronome mesoclítico, que pasa, xunto coa desinencia, para o verso seguinte. Tal segmentación volve aparecer en 14.25-26, 36.6-7, 47.19-20, 219.15-16, 308.11-12, 1476.3-4, 1538.15-16 e 1637.10-11. Cfr. notas a 37.18-19, 123.24-25, 482.1-2, 1542.3-4.
Neste verso volve aparecer o provenzalismo cor, que compite con coraçon na lingua trobadoresca.