I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: 567-568 [= LPGP 309]); Littera (2016: I, 339).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 201-202); Braga (1878: 107-108); Carter (2007 [1941]: 167); Machado & Machado (1953: IV, 355); Montero Santalha (2004); Arbor Aldea (2016b).
III. Antoloxías: Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 68).
1 Se vos] E uos A; prouguess’] proguess B; me] my B : mi V 2 cousimento] consimento V 7 sén] sseu B 8 que ouvera end’a morrer] ondouuera amoirer B : ondouuera a morrer V 10 vencer] ueer BV 11 me] mj B : mi V 12 falistes-me u] filhastes mu B : filha stes mu V; vos] uos A; avia] au’ya B 13 aquest’, Amor] aquesto BV 15 de] Da B : da V 18 terria] teiria B 19 partiria] parteria BV 20 vós, Amor] uossamor BV; én] eu B 21 -vos] uos A 22 vou] non B; vos] uos A 23 guarecer] garecer B 24 prazer-m’-ia] prazer ma V
5 teedes] tẽedes Michaëlis, Littera 9 por voss’amor] por vos, Amor Michaëlis : por vós, Amor Littera 12 me u] m(e) u Michaëlis : m’u Littera 12 vos] vos Michaëlis 21 vos] vus Michaëlis 22 vos] vus Michaëlis
(I) Se vos prouguese, Amor, ben me debía axudar contra vós o bo xuízo, pois tal porfía collestes comigo que non sei como poderei vivir sen vós, que me tendes no voso poder e non me deixades de noite nin de día.
(II) Por iso comete unha insensatez quen se fía de vós coma min, que houben de morrer polo voso amor, no que eu confiaba moito, e pensaba coa vosa axuda vencer a que vós me fixestes amar, e fallástesme cando eu precisaba de vós.
(III) E por isto, Amor, estaría moi ben se eu por vós puidese recibir ben da miña señora, de quen eu recibiría ben só con que a vós vos prouguese; mais vós, Amor, non queredes fazer nada de canto eu consideraría un ben.
(IV) E de bo grado eu vos abandonaría, Amor, se así encontrase repouso; mais encóntrovos comigo en todo o momento cada vez que me vou esconder de vós, e, xa que sen vós non podo vivir, se me matásedes xa, praceríame.
Esquema métrico: 4 x 10’a 10b 10’a 10b 10b 10’a (= RM 79:5)
Encontros vocálicos: 12 -me‿u
Cousimento ‘discreción, siso’ é voz de orixe provenzal usada con relativa frecuencia, fundamentalmente nas cantigas de amor (36.26, 38.1, 110.4, 116.22, 117.15 e 18, 156.2, 1062.11, 1408.12), xunto cos verbos cousir e cousecer (cfr. Glosario, s.v.), da mesma familia semántica e de amplo uso no corpus trobadoresco. Véxase García-Sabell Tormo (1991: 103-105).
Carolina Michaëlis (seguida por Littera) converteu por voss’amor nun apelo directo ao Amor (por vós, Amor), quizais arrastrada polas restantes invocacións existentes nos vv. 17 e 20. De todos os xeitos, nótese como no v. 20 a lección dos apógrafos italianos levaría a de voss’amor fronte á invocación presente no Cancioneiro da Ajuda: de vós, Amor.
Por outra banda, téñase en conta que atrever-se, á parte da preposición a e de, rexe tamén a preposición en tamén noutra ocorrencia co valor de ‘atreverse, ousar’ (663.8), e, especialmente, sempre que significa ‘confiar en, fiarse de’ (135.10, 174.8, 134.4, 1599.11).
A diverxencia entre falir A / filhar BV probabelmente se deba a unha banalización atribuíbel aos cancioneiros italianos.
Se non é un lapso de copia, resulta de interese a variante garecer proporcionada pola copia de B, que incide no diferente grao de evolución do grupo gua- en voces do tipo guarecer, guarir ou, mesmo, guardar. Cfr. e rogo-lhi que mí oj’este mal / me guaresca nen m’empare d’Amor (889.11), onde garesca é tamén a lección de B, fronte a guaresca en V.