1230 [= RM 116,36]
Un cantar novo d’amigo

Un cantar novo d’amigo
querrei agora aprender
que fez ora meu amigo,
e cuido log’entender,
no cantar que diz que fez
por mí, se o por mí fez.
Un cantar d’amig’á feito,
e, se mi-o disser alguen
dereito como el é feito,
cuido eu entender mui ben,
no cantar que diz [que fez
por mí, se o por mí fez].
O cantar éste mui dito,
pero que o eu non sei;
mais, pois mo ouveren dito,
cuid’eu que entend[er]ei,
no cantar que diz que fez
por mí, [se o por mí fez].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 1214, V 819

Edicións


I. Edicións críticas: Nobiling (2007 [1907]: 129-130 [apéndice]); Nunes (1973 [1928]: 309); Marroni (1968: 265-267 [= LPGP 751]); Cohen (2003: 447); Littera (2016: II, 248-249).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 281); Braga (1878: 154); Machado & Machado (1956: V, 322-323).
III. Antoloxías: Álvarez Blázquez (1975: 218); Alvar & Beltrán (1989: 219-220); Pena (1990: 118-119); Alonso Girgado (1992: 49); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 189); Alvar & Talens (2009: 500); Souto Cabo (2017: 201); Ferreiro (2023a: 37); Gutiérrez (2023: 271).

Variantes manuscritas


2 querrei] q̅ uey B   8 alguen] dlguen B   9 dereito] deyto V; feito] fe’yto B   10 cuido] Cuydoo B : cuydoo V   15 mo] mho V; ouveren] ouuerō BV; dito] diro V

Variantes editoriais


6 mí] min Nobiling, Nunes   9 el] om. Marroni   10 cuido eu] cuid’eu Nunes, Littera : cuyd’eu Marroni   12 mi] min Nobiling, Nunes   13 éste] est’é Nunes   15 mo] mh-o Nobiling : mi-o Nunes : mho Cohen : mi o Littera   18 mi] min Nobiling, Nunes

Paráfrase


(I) Unha nova cantiga de amigo que fixo agora o meu amigo quererei agora aprender e coido logo entender, no cantar que di que fixo por min, se por min o fixo.

(II) Unha cantiga de amigo fixo e, se alguén me dixer fielmente como ela é feita, coido eu entender moi ben, no cantar que di que fixo por min, se por min o fixo.

(III) A cantiga é moi cantada, aínda que eu non a sei; mais, despois de ma cantaren, coido eu que entenderei, no cantar que di que fixo por min, se por min o fixo.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 7’a 7b 7’a 7b 7C 7C (= RM 99:63)

Encontros vocálicos: 2 agoraaprender; 8 mi͜-o; 9 comoel; 10 cuidoeu

Notas


Texto
  • 9

    A expunción de el que Marroni realiza no verso é desnecesaria pola sinalefa comoel.

  • 15

    Nótese a variación mo / mi-o en B e V, respectivamente, que permite optar por unha ou outra variante, por máis que atribuamos prioridade á lección de B, tal como acontece en diversas pasaxes ao longo dos cancioneiros (624.5, 806.6, 1032.10, ou 1450.16 –artigo–). Cfr. 239.18 ou 984.14, con lección mi-o e mi-a en A vs. B.

    Por outra banda, a sintaxe esixe a emenda de <ouuerō>, a partir do común erro <o>/<e>, pois o futuro de subxuntivo é obrigado pola cláusula temporal de valor condicional introducida por pois, tendo como verbo principal entenderei, en futuro (v. 16).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado