387 [= RM 70,47]
Sennor, veedes-me morrer

– Sennor, veedes-me morrer
desejando o vosso ben,
e vós non dades por én ren
nen vos queredes én doer.
– Meu amig’, enquant’eu viver
nunca vos eu farei amor
per que faça o meu peor.
– Mia sennor, por Deus, que vos fez,
que me non leixedes assi
morrer, e vós faredes i
gran mesura con mui bon prez.
– Direi-vo-l’, amig’, outra vez:
[nunca vos eu farei amor
per que faça o meu peor].
– Mia sennor, que Deus vos perdon,
nembre-vos quant’afan levei
por vós, ca por vós morrerei,
e forçad’esse coraçon.
– Meu amig’, ar direi que non:
[nunca vos eu farei amor
per que faça o meu peor].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscritos


A 230, B 420, V 31-32

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 448-449); Nobiling (2007 [1907]: 70 [= LPGP 461-462]); Littera (2016: I, 510-511).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 19-20); Braga (1878: 7); Carter (2007 [1941]: 133-134); Machado & Machado (1950: II, 237-238); Domingues (1992: 26); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018b: III, 387).
III. Antoloxías: Piccolo (1951: 28-29); Nunes (1959: 265-266); Oliveira & Machado (1959: 35-36); Alvar & Beltrán (1989: 260); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 93).

Variantes manuscritas


1 Sennor] SEnno / Ennor A; morrer] moirer B : mouer V   3 por én ren] ren por en BV    4 nen vos] nen uos A : ueuuꝯ B : ne uuꝯ V   5 Meu] Men B; amig’, enquant’eu] amigneu quodeu V   6 nunca] nnnca B; vos] uus A   7 faça o meu peor] faca o meu peyor B : faca e meu peyor V   10 leixedes] lexedes A; morrer] moirer B; vós] uus A; i] assy BV   12 direi-vo-l’, amig’] direyuolo amiga BV; outra] ouc̄ V   13-14 Meu amig en quanteu uiuer A : Meu amiguen quāten uiu’ B : meu amiguen quāten uiu’ V   17 ca] ea V; morrerei] moirerey B : mrrerey V   18 e forçad’] e forcad A, con cedilla engadida de man tardía : e forcesforçad B : effor cad V; coraçon] coracō BV   20 om. A : Meu amj B : meu amj V

Variantes editoriais


4 vos] vus Michaëlis   6 vos] vus Michaëlis   7 peor] peyor Nobiling : peior Littera   8 vos] vus Michaëlis   12 l’] lo Nobiling, Littera   13 vos] vus Michaëlis   14 peor] peyor Nobiling : peior Littera   15 vos] vus Michaëlis   16 vos] vus Michaëlis   20 vos] vus Michaëlis   21 peor] peyor Nobiling : peior Littera

Paráfrase


(I) –Señora, védesme morrer desexando o voso ben, e a vós nada diso vos importa nin vos queredes apiadar de min.

–Meu amigo, en canto eu viva nunca eu vos darei unha proba de amor pola que faga o peor para min.

(II) –Miña señora, por Deus, que vos fixo, (pídovos) que me non deixedes así morrer, e vós faredes así unha gran cortesía digna de moito aprecio.

–Diréivolo, amigo, outra vez: nunca eu vos darei unha proba de amor pola que faga o peor para min.

(III) –Miña señora, que Deus vos perdoe, lémbrevos canto afán levei por vós, pois por vós morrerei, e forzade ese voso corazón.

–Meu amigo, outra vez direi que non: nunca eu vos darei unha proba de amor pola que faga o peor para min.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8a 8a 8C 8C (= RM 139:18)

Notas


Texto
  • 1-4

    Os vv. 3-4 aparecen como interrogativos en Michaëlis; porén, xa que nas restantes estrofas non cabe tal interrogación, tampouco é necesaria nesta estrofa.

  • 3

    A expresión dar por én ren (frente a dar ren por én de BV) aparece tamén na cantiga 1509.23, de Guilhade, así como en 330.17, o cal confirma como correcta a lección de A fronte a BV.

  • 6-7

    En BV a copia do refrán é errada nas estrofas II e III, onde aparece o inicio do refrán co v. 5 da primeira estrofa, considerado como v. 1.

  • 7

    Nesta cantiga, como noutras, B (e V) ofrecen a variante peior (típica dos apógrafos italianos) fronte á forma peor, única que se rexistra no Cancioneiro da Ajuda (65.32, 91.14, 275.21, 387.r2, 812.2 e 13).

  • 10

    A errada lección de BV, que faría hipermétrico o verso, seguramente foi inducida pola presenza de assi en rima no verso anterior.

  • 13-14

    ABV copian con erro o refrán nesta estrofa II: de feito, é iniciado nos tres relatores polo que, na estrofa I, constitúe verso introdutor do retrouso (verso que varía, como pode verse nas cobras sucesivas). De inicio, trátase dun erro de copia lóxico, visto que na práctica xeral se abrevia o refrán reproducindo todo ou parte do primeiro verso. Non obstante, o problema vai alén diso: de feito, en A deixouse espazo para a letra inicial do refrán coincidindo co <m>, que non é letra de espera, senón tardía, e como tal aparece nos apógrafos ese verso; á marxe de que non se trazou a capital en A, e de que non se observe letre para o rubricador –circunstancia que é frecuente neste manuscritos- é probábel que este particular se deba a que había un defecto na marcaxe do refrán: se así fose, estariamos ante un erro na copia común aos tres códices. Véxase nota aos vv. 20-21.

  • 15

    A fórmula que Deus vos perdon, fronte á máis común assi Deus vos perdon e similares, só se rexistra en 863.16.

  • 17

    Nótese que a lección <mrrerey> de V podería ser lida como viverei (pola xeral troca <m>/<ui> e a posibilidade dun erro <rr>/<u>), fronte ao morrerei de AB.

  • 18

    A mesma idea de forzar o corazón aparece en 1396.12, cun verso practicamente igual ao de Guilhade.

  • 20-21

    O refrán está totalmente ausente en A, mentres que en BV aparece, erradamente, o inicio do v. 5, e como tal foi considerado por Colocci. Véxase nota aos vv. 13-14.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado