465 [= RM 18,36]
Pois que m’ei ora d’alongar

Pois que m’ei ora d’alongar
de ma senhor, que quero ben,
porque me faz perder o sén
quando m’ouver del’a quitar,
direi quando me lh’espedir:
«De mui bon grado queria ir
logo e nunca [m’end’ar] vĩir».
Pois me tal coita faz sofrer
qual sempr’eu por ela sofri,
des aquel dia’n que a vi,
e non se quer de min doer,
atanto lhi direi por én:
«Moir’eu e moiro por alguen,
e nunca vos direi máis én».
E ja eu nunca veerei
prazer con estes olhos meus
de[s] quando a non vir, par Deus,
e con coita que averei
chorando lhi direi assi:
«Moir’eu porque non vej’aqui
a dona que por meu mal [vi]».
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscritos


B 469

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 55-56 [= LPGP 158-159]); Paredesa (2001: 155); Paredesb (2010a: 135); Littera (2016: I, 86).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 155); Machado & Machado (1950: II, 323-324); Paredes (2010b: 106-107); Paredes (2010c: 75-76); Rios Milhám (2018b: III, 465).
III. Antoloxías: Tavares (1943 [1923]: 31-32); Tavares (1961: 12-13); Montoya (1988: 310); Alvar & Beltrán (1989: 188-189); Sansone (1990: 204); Alvar & Talens (2009: 446).

Variantes manuscritas


9 ela] ella B   11 doer] deer B   14 vos] uos B

Variantes editoriais


2 ma] mha Nunes : mia Paredesa, Paredesb, Littera   3 porque] e que Nunes   6 mui] om. Nunes   7 logo e] log’e Littera; [m’end’ar]] [mais] Nunes, Paredesa, Paredesb; vĩir] viir Nunes, Paredesa, Paredesb, Littera   9 ela] ella Nunes   10 ‘n] om. Nunes, Paredesa, Paredesb    17 de[s]] de Paredesa, Paredesb

Paráfrase


(I) Xa que agora vou ter que me afastar da miña señora moi amada, e porque me fai perder a razón, cando me tiver que separar dela heille dicir, no intre en que me despida dela: «Con moito gusto me iría canto antes e nunca máis volvería».

(II) Xa que me fai sufrir unha coita tal cal a que eu sempre sufrín por ela, desde aquel día en que a vin, e non quere ter dó de min, por iso heille dicir isto: «Morro eu e morro por alguén, e nunca vos direi máis ao respecto».

(III) E xa nunca eu verei nada que me agrade con estes meus ollos desde que non a vexa, por Deus!, e coa coita que terei, chorando, direille así: «Morro porque non vexo aquí a dona que eu vin para mal de min.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8a 8c 8c 8c (= RM 164:1)

Encontros vocálicos: 6 que·ri·air

Notas


Texto
  • *

    Esta composición de Afonso X, tal como sinalou Lopes (2012), presenta en cadansúa estrofa citacións doutras cantigas de amor de trobadores contemporáneos (I Joan Soarez Coelho; II Estevan Soarez Coelho; III Joan García de Guilhade e/ou Pero d’Armea).

  • 2

    Por moito que mia sexa a forma xeral para o pronome posesivo feminino (átono), a variante ma tamén é perfectamente lexítima, e como tal debe ser respectada (véxase tamén 104.18).

  • 6-7

    Estes dous versos afonsinos son eco directo do refrán dunha cantiga de Soarez Coelho:
              [d]e mui bon grado querria a un logar ir
              e nunca m’end’ar viir (268.4-5).
    Deste modo, tal como estabeleceu a edición de Littera, o verso de Soarez Coelho serve para reintegrar as dúas sílabas ausentes no verso afonsino (m’end’ar), que tradicionalmente fora completado con máis. Por outra parte, expunción de mui realizada por Nunes é inxustificada, pois deberá ser considerada a sinalefa queriair.

  • 9

    Nótese a grafía <ll> en <ella>, que, alén de se rexistrar en múltiplas ocorrencias de nulho nos apógrafos italianos (especialmente en B) en vez de <lh>, só se acha de forma esporádica como grafía etimolóxica en voces con /l/ procedente, en xeral, da xeminada latina (ali, bailada, castelo, cavalo –e cavaleiro–, esmola, querelar, Varela, vassalo, Vilanansur etc., con especial incidencia en ela, aquela e ele/s), moi esporadicamente na forma do pronome el (e mais do artigo el-) (véxase nota a 637.2), nalgunha asimilación do artigo ou do pronome (véxase notas a 6.32 e 918.11) e, finalmente, en voces co secuencia fonética [ɾl], que é transmitida sistematicamente en BV coa grafía <rll> (véxase nota a 392.9).

  • 10

    A lección <diã> implica unha interpretación dia’n (cfr. dia, con omisión da preposición, en Nunes e Paredes), con elisión vocálica na preposición en, tal como se rexistra esporadicamente no corpus; en calquera caso, esta crase ten unha maior presenza no Cancioneiro da Ajuda, que nalgúns casos a presenta fronte a B, que mantén a integridade de en (87.3, 133.15, 279.r1, 306.10) ou que, alternativamente, omite a preposición (70.28, 89.19, 199.14). Véxanse tamén 28.14, 43.20, 59.3, 60.7, 83.19, 133.2, 138.7 e 9, 141.9, 154.r1 e r3, 155.7, 263.6, 267.2, 270.19, 282.8, 388.5390.2, 395.7, 460.4, 465.10, 804.7, 1062.10, 1080.1, 1145.23 e 1420.11. Cfr. nota a 6.4.

  • 13-14

    De novo outro refrán dunha cantiga de amor de Joan Soarez Coelho é reflectido literalmente por Afonso X:
              moir’eu, e moiro por alguen,
              e nunca vos máis direi én (282.5-6).

  • 17

    Para a emenda neste verso debe terse en conta a expresión temporal presente no v. 4 e, sobre todo, no v. 10 (des aquel dia’n que a vi).

  • 18

    Sobre a forma átona reducida ma véxase nota a 104.18.

  • 20-21

    Nótese a semellanza destes dous versos con dous refráns de senllas cantigas de Joan Garcia de Guilhade e de Pero d’Armea:
            moir’eu porque non vej’aqui
            a dona que non vej’aqui (393.5-6).

            Vedes por que: porque non vej’aqui
            a mia senhor, que eu por meu mal vi
    (1085.5-6).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado