828 [= Tav 120,52]
Vistes, madr’, o escudeiro que m’ouver’a levar sigo?

– Vistes, madr’, o escudeiro que m’ouver’a levar sigo?
Menti-lh’e vai-mi sanhudo, mia madre, ben vo-lo digo:
madre, namorada me leixou,
madre, namorada mi á leixada,
madre, namorada me leixou.
Madre, vós, que me mandastes que mentiss’a meu amigo,
que conselho mi daredes ora, poi-lo non ei migo?
Madre, namorada me leixou,
madre, namorada mi á leixada,
madre, namorada me leixou.
– Filha, dou-vos por conselho que, tanto que vos el veja,
que toda ren lhi façades que vosso pagado seja.
– Madre, namorada me leixou,
madre, namorada mi á leixada,
madre, namorada me leixou.
– Pois escusar non podedes, mia filha, seu gasalhado,
des oimais eu vos castigo que lh’andedes a mandado.
– Madre, namorada me leixou,
madre, namorada mi á leixada,
madre, namorada me leixou.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


B 831, V 417

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 215-216); Panunzio (1992 [1967]: 61-62 [= LPGP 792]); Cohen (2003: 290); Littera (2016: II, 281).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 157); Braga (1878: 79); Machado & Machado (1953: IV, 144-145); Fernández Pousa (1956: 803); Juárez Blanquer (1988: 56-57).
III. Antoloxías: Cidade (1941: 32); Nunes (1959: 346-347); Martín & Ruíz (1972: 73); Álvarez Blázquez (1975: 43); Mongelli & Maleval & Vieira (1995: 93); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 196); Diogo (1998: 70-71); Arias Freixedo (2003: 706-707).

Variantes manuscritas


12 façades] fazades V; pagado] pagato V   13 me] (mha) me B

Variantes editoriais


Nas edicións de Nunes e Panunzio, o corpo da estrofa presenta versos heptasilábicos graves.

1 m’ouver’a] m’ouvera Cohen   2 Menti-lh’e vai] Menti-lhe, vai Nunes   11 dou-vos por] dou-vus per Panunzio; vos el] vus el Panunzio   17 vos] vus Panunzio

Paráfrase


(I) –Vistes, madre, o escudeiro que me había levar consigo? Mentinlle e vaise enfadado comigo, miña nai, ben volo digo: madre, namorada me deixou, madre, namorada me foi deixar, madre, namorada me deixou.
(II) Madre, vós, que me mandastes que lle mentise ao meu amigo, que consello me daredes agora, que non o teño comigo? Madre, namorada me deixou, madre, namorada me foi deixar, madre, namorada me deixou.
(III) – Filla, aconséllovos que, cando vos vexades, que lle fagades todas as cousas para que se estea satisfeito de vós.
Madre, namorada me deixou, madre, namorada me foi deixar, madre, namorada me deixou.
(IV) – Pois non podedes vivir con pracer sen el, miña filla, desde agora eu advírtovos que fagades o que vos diga.
Madre, namorada me deixou, madre, namorada me foi deixar, madre, namorada me deixou.

Métrica


Esquema métrico: 4 x 15’a 15’a 9B 9’C 9B (= Tav 48:2)

Encontros vocálicos: 4 mi‿á; 9 mi‿á; 14 mi‿á; 19 mi‿á

Notas


Texto
  • *

    Esta composición presenta unha clara relación temática coa cantiga 834, tamén de Pero da Ponte.

  • 1

    Cohen non considerou a perífrase aver + a + infinitivo en ouver’a levar (vs. ouvera levar). Cfr. nota a 827.9.

  • 2

    Neste verso tampouco Nunes isolou a copulativa, provocando unha xustaposición sintáctica que a presenza do enlace evita.

  • 11-12

    Obsérvese a reiteración da conxunción completiva que tras unha frase parentética: Filha, dou-vos por conselho que, tanto que vos el veja, / que toda ren lhi façades que vosso pagado seja.

  • 12

    Nótese o erro na copia de V, <pagato>, que reaparece tamén en 872.17 (<pagata> pagada), talvez un italianismo do copista do Cancioneiro da Vaticana.

  • 16

    O substantivo gasalhado, en xeral coa acepción de ‘pracer (compartido)’ (véxase nota a 1192.13), é voz utilizada preferentemente en cantigas de amigo: fóra deste xénero só volta aparecer en 466.24 e 1487.15.

  • 17

    Lémbrese que castigar significa habitualmente ‘amoestar, aconsellar, advertir’.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado